Investigación xenealóxica

Emprenderemos unha viaxe ao pasado, no que poderás saber, por fin, quen é quen.

Descubre as túas raices

Unha viaxe no que poderás saber de onde vés,  sentir a esencia de Galicia e reconectar coas raíces.

Acompañamento xenealóxico

Unha viaxe que require coraxe e valor, apto só para persoas con espírito aventureiro

Asesoramento xenealóxico

Unha opción “ao teu aire”, na que che axudo a deseñar unha estratexia de investigación, adaptada ás túas necesidades.

Cursos e talleres

Traballa coa túa historia familiar, nunha contorna segura e íntima.
Atención ás próximas convocatorias!  

Regala xenealoxía

Sorprende ás persoas que queres, cun agasallo orixinal, emotivo e persoalizado.

bisagras de papel

 

O meu nome é Helena González Vázquez e son xenealoxista profesional.

 

Seguro que nalgún momento da túa vida fixécheste as seguintes preguntas: Quen son? De onde veño? Onde vou? 

 

Alédame dicirche que, grazas á xenealoxía, poderás dar resposta a estas tres grandes cuestións básicas e universais. Con esta finalidade, teño deseñado varias ofertas de viaxe.

 

 

Trátase de viaxes moi especiais:

 

Son viaxes polo tempo, pola historia e vida dos homes e mulleres, que che antecederon.

 

Polo espazo, pola casas que habitaron, as rúas de percorreron e os mares que atravesaron.

 

Totalmente persoalizadas e cheas de sorpresas e emoción.

 

Sentes xa esas coxeguiñas previas ao momento de embarcar?

 

 

O meu blog

 

 

  • XENEALOXÍA. INVENCIÓN OU REALIDADE?

    Creo que foi en marzo. Si…  Foi entón, cando comecei a acariñar a posibilidade de dedicarme á xenealoxía. De súpeto, ocorreu algo que eu interpretei coma unha sinal.           O meu profesor de portugués propuxo a......

  • XENEALOXÍA. UNHA OPORTUNIDADE PARA REVISAR VELLOS PROGRAMAS

    Fai meses que tento descubrir cal é o sistema de crenzas da miña familia, en relación coa  abundancia, o diñeiro e o éxito. En concreto, busco pistas para relacionarme de unha forma sa co diñeiro. Coma parte do exercicio, esforceime......

Don`t copy text!