Storytelling para pequeñas embarciones

1ª EDICION. CURSO ON LINE “STORYTELLING PARA PEQUENAS EMBARCACIÓNS”

 

 

Se tes paseado pola  miña web, seguro que liches iso de que a xenealoxía responde a tres preguntas básicas: Quen son? ¿De onde veño? Onde vou?

 

 

Eu pola miña parte, practico periódicamente o exercicio de parar, mirar cara atrás e observar. O único que cambia, é que a miña ollada de xenealoxista, vai un pouco máis aló. 

 

 

Son da opinión de que a miña historia ten ecos doutras historias non vividas por min en primeira persoa. Dalgunha maneira, a miña liña do tempo trascende a miña data de nacemento ou de concepción. Están elas e elas: todas as persoas que viviron antes ca min, e que dalgunha maneira contribuíron a construir a miña realidade.  

 

 

Esto afecta también á miña faceta de Helena, como emprendedora en Bisagras de Papel.  Daste de conta da cantidade de historias que podes compartir coa túa audiencia, se amplías a túa  mirada?  Non hai nada que desbotar na pre-historia da túa empresa. 

 

 

Esa é a miña proposta na 1ª Edición do Curso: “Storytelling para pequenas embarcacións”.  Estou segura de que tes centos de boas historias que contar. O único que tes que facer é mirar cara atrás e recordar.  Teño diseñado este curso para axudarte a descubrir como a miña visión da xenealoxía pode axudar a que o teu proxecto creza.

 

 

Por que falo de  pequenas embarcacións? Pois porque así é como me sinto, “como un barquito de cáscara de nuez”. Esta canción de “Los Payasos” é a metáfora perfecta para describirme a mín como emprendedora.

 

 

 

 

 

 

“Un barquito de cáscara de nuez,
Adornado con velas de papel,
Se hizo hoy a la mar para lejos llevar
Gotitas doradas de miel.
 
Un mosquito sin miedo va en él
Muy seguro de ser buen timonel.
Y subiendo y bajando las olas
El barquito ya se fue.
 
Navegar sin temor
En el mar es lo mejor,
No hay razón de ponerse a temblar.
Y si viene negra tempestad
Reír y remar y cantar.
 
Navegar sin temor
En el mar es lo mejor.
Y si el cielo está muy azul,
El barquito va contento por los mares lejanos del Sur”.
 
Letra de “Un barquito de cáscara de nuez”
 
 

 

 

En realidade, a canción é ideal para describir a calquera persoa que estea liderando un proxecto empresarial. Pode variar o material da embarcación, a persoa que dirixe o proxecto ou os instrumentos de navegación. O que non varía é o mar cambiante e a nosa  férrea vontade “de lejos llevar gotitas doradas de miel”.

 

 

Aí precisamente reside o poder das historias, na súa universalidade. Por estraño que pareza, dende a miña realidade podo tocar a túa.   Iso chámase “engagement”. 

 

Se queres saber máis sobre esta formación que aúna “storytelling” e xenealoxía, podes escribirme a bisagrasdepapel@gmail.com ou chamarme ó (626) 58 04 87.  Fálame da túa pequena embarcación. 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!