O NOME. A RAREZA DE CHAMARSE AURENTIN
Hai nomes, que se enmarcan dentro a tradición familiar e nomes novos. No pasado, era frecuente pór ó bebé, o nome dun dos avós ou das avoas, do padriño ou da madriña o doutros familiares. Podía ser o nome dalgún familiar morto prematuramente ou o desa tía solteira, que era impensábel que puidese ter fillos. Pensábase que a sexualidade era un tema, que incumbía só as persoas casadas.
Os nomes novos eran, pola contra, unha rareza. Obedecían normalmente á necesidade de romper con vellos patróns familiares. Está o exemplo do meu avó Aurentin, que co seu flamante nome francés, estaba predestinado a traer abundancia á familia. Ás veces penso, que se Aurentin tivese nacido no século XXI, levaría o nome dun futbolista, dun actor de moda ou dun fillo de famosos. Mais, como naceu nun tempo, no que os medios non existían, puxéronlle simplemente o nome do enxeñeiro da máis sona da contorna.
Eleazar. La Roja
Pero, o máis estraño de todo isto, é que conscientemente ou non, o seu nome non era tan novo. Non contei que o meu avó era o pequeno de oito irmáns, tres mulleres e cinco homes. Tampouco contei, que dous dos irmáns que lle precederon morreron sendo nenos, antes de que el nacese.
Cando Aurentin naceu, non lle puxeron o nome de ningún dos irmáns falecidos, senón unha estraña combinación dos nomes dos dous que tiñan sobrevivido. Aurentin é unha combinación perfecta dos nomes dos seus irmáns, Aur-elio e Celes-tino. Dalgún xeito, os seus pais quixeron que o meu avó vivise, como fixeran eles.
No nome do meu avó había un dobre mandato:
“Vive, coma os teus irmáns Aurelio e Celestino!”; “Estuda e progresa socialmente, como o Señor Enxeñeiro!”
Julia
27.01.2016 at 17:35Gracias por esta bonita homenaxe ò abò Aurentin, tan querido e admirado. O seu nome tamén foi elexido para un bisneto por outro bisneto.
bisagrah
28.01.2016 at 11:42Grazas, Julia!!! Afortunado Tino, por levar o nome do seu bisavó.