ESPAZOS EN BRANCO. A IMPORTANCIA DE POÑER PALABRAS AO SILENCIO

 

Hai uns meses que topei por casualidade, esta pequena xoia de banda deseñada de Miguel Francisco. A portada amosa catro xeracións de homes, arrodeados de ruínas. Os adultos están sentados, coas mans entrecruzadas.  Miguel Francisco, o home que aparece no centro, vestido cunha camisola con caveira, parece compartir un certo parecido físico co  home da esquerda, pero tamén o mesmo estado emocional que o da dereita. A expresión dos tres é seria, cun algo de resignación e de non ser quen de facer. Á dereita do pai, un pequeno con ollos enormes, que parece non pertencer ao grupo. O tempo e o espazo sepárano, definitivamente desa España en branco e negro. Que pode ter en común ese neno de expresión doce, nado en Finlandia, co seu avó e o seu bisavó? Pode ser que o pequeno teña herdado os traumas non resoltos dos seus devanceiros e que esa paisaxe de destrucción siga estando presente na súa vida e nas xeracións vindeiras, dun modo inconsciente?

 

 

 

ESPACIOS EN BLANCO

 

 

 

A proposta do autor desta obra autobiográfica é encher os espazos en branco da súa historia familiar, eses “silencios que contan máis que as palabras”.  “Espacios en Blanco” xorde da necesidade de saber, para superar esa intensa sensación de baleiro,  que o incapacita dalgún xeito, para transmitir alegría de vivir ao  seu filliño.    

 

     

 

“Moitos intuimos que algo do que somos ten que ver con ese pasado que está medio agochado entre silencios, confusións, medo vellos, dor e esquecemento”

 

Antonio Damasio

 

 

O autor está a vivir un momento decisivo, lonxe da súa terra, sentindo de novo a ferida do desterro e aterrado ante a responsabilidade de asumir a súa recente paternidade. Dalgún xeito, intúe que os tempos son chegados de “sandar as feridas abertas”, debido ás experiencias traumáticas, vividas pola súa familia na guerra e na posguerra. E concretamente na posguerra, porque a verdadeira guerra, contoulle o seu pai, viría despois, coa violencia sistemática exercida polos vencedores sobre os vencidos, á procura da súa eliminación física, desposesión material e destrución moral.     

 

ICULT pagina de comic  Espacios en blanco   de Miguel Francisco

 

 

 

Miguel Francisco decide poñer fin a anos de silencio e exilio interior aprehendidos, para poder así liberarse do medo, dor e rabia, que o seu avó e bisavó non puideron expresar. Y tamén da culpa, por ter sido testemuñas mudas de tanta violencia.   E así, aos poucos, vai contando a historia do seu bisavó, do  seu avó, do seu pai e del mesmo,  descubrindo as conexións inconscientes, que moitas veces temos, coas persoas que nos precederon. Sorprende, por exemplo, ese acto de reparación inconsciente, que lle leva a converterse en deseñador de moitos dos personaxes do famoso xogo, Angry Birds”, e que de algunha maneira están conectados, cunha  lembranza infantil do seu pai. Unha lembranza vívida da fame e rabia que sentía, mentres chuchaba nun figo, o único que o seu avó lle podía ofrecer como comida naqueles tempos. Miguel Francisco, xa entrego, trunfa axudando aos nenos a conectar coa súa rabia dunha forma lúdica! Dalgún xeito, o fillo daquel meniño que chuchaba nun figo, traballa para que os pequenos poidan expresar a súa rabia e non tragala. Non vos parece máxico? Pero, este acto de reparación non abonda.  O autor precisa contar a historia completa para sí , para  o seu pai e para o seu  propio filllo. O autor di: “ Un día quizais preguntaraste cousas, como quen era o teu pai, ese tipo que falaba unha lingua estrana, ou quen era o teu avó ou os teus bisavós, que naceron nun país que non é o teu. E se non estou eiquí, para dar resposta ás túas preguntas e aclarar as túas dúbidas, todo perderase. Todas as historias que o meu pai contaba e as que seu pai contaba caerán no esquecemento. E xunto con elas, desapareceremos todos… “.   

 

 

HIGO SECO

 

 

“Espazos en Branco” é un regalo non só para o seu pai  e o seu fillo. É tamén  un agasallo para as persoas que teñan a ventura de lelo e descubrir a importancia que ten a nivel individual, familiar e social sandar as feridas do silencio. 

 

 

 

Cal é o motor da túa busca xenealóxica? Sintes que abondan os espazos en branco,  na túa historia familiar? Que sabes da túa intrahistoria da túa familia? Que cousas non sabes?  

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Suscríbete
Se desexas ter noticias nosas por correo electrónico...