Como se pode amar a un descoñecido? Eu tiven un irmán, que non coñecín. Morreu un once de marzo de mil novecentos sesenta e oito. Dous anos máis tarde, en once de marzo tamén, nacín eu. A súa vida foi breve. Tres meses. Demasiados médicos e hospitais para unha existencia tan corta. Finalmente morreu na Paz. Tiña hidrocefalia.
Desde hai un tempo, sei que a súa morte sacudiu con violencia os fráxiles cimentos da miña familia. Afectou con seguridade a esa pequena tríada formada polo meu pai, miña nai e a miña irmá máis vella. E tamén aos que viñemos despois. A dor desa perda influíu na forma en que fomos concibidos e xestados.
Hoxe celebro o meu aniversario, consciente da presenza dese irmán e doulle o espazo que merece ocupar.
Ti tamén tes un irmán ou irmá descoñecida? Tes tomado consciencia da súa ausencia?
PREMIOS SON MULLER. UN MOMENTO INOLVIDABLE
04.01.2020 at 14:22[…] 11/12 es para mi una fecha muy especial. Coincide con el aniversario de nacimiento de mi hermano desconocido y también con la fecha en que Bisagras de Papel , vio la luz, por primera vez, en redes […]
LOS HIJOS DE REEMPLAZO| EL CASO DE VINCENT VAN GOGH
18.04.2020 at 17:27[…] Justo en el minuto 17, después de describir la trágica muerte del pintor, se menciona un aspecto clave de su biografía. Vincent Van Gogh tuvo un hermano desconocido. […]