ANDRES DEMIAN LEWIN, O MÚSICO QUE CAMBIOU O SEU NOME POR AMOR

 

Pode haber moitos motivos para mudar de nome. Hai un ano que estou a darlle voltas á idea de renunciar definitivamente a un dos meus nomes (María) e chamarme simplemente (H)elena. Neste último mes, este desexo converteuse en necesidade. Nun xeito de fuxir dun destino que non desexo para min. Algo semellante fixo o músico madrileño Andrés Demian Lewin Pérez, mentres preparaba o seu disco “La tristeza de la Vía Láctea”.

 

 

 

LA TRISTEZA DE LA VIA LACTEA

 

 

 

Algunha vez fixéronvos a estúpida pregunta, de a quen queres máis ao papá ou á mamá? Estou certa de que se a Andrés Demian Lewin, lle preguntasen contestaría á miña nai. O seu pai era unha sombra, que desapareceu definitivamente da súa vida cando  tiña dez anos. No seu blog     “Lancé una mandarina” conta como tentou saber algo máis deste home, cando anos máis tarde visitou Buenos Aires. Nesas visitas espaciadas por dez años, Andrés Demian Lewin andivo á procura dos Lewin que o seu pai tivera con outra muller. Malia haber un encontro cos fillos da súa media irmá, o seu pai seguiu a ser o personaxe misterioso e escuro, do que ninguén quería falar. Andrés Demian Lewin faríao máis tarde, na canción “Halley”, conmovedora metáfora da súa relación cun pai ausente.    

 

 

 

 

 

 

Andrés Demian Lewin finou inesperadamente con 37 anos, o 5 de xaneiro de 2016. En marzo do ano anterior, facía testamento, sen ter motivo médico para facelo. En outubro,  pedía públicamente cambiar de nome.

 

 

 

 

É obvio que esta decisión era unha declaración de amor, para a súa nai María Pérez, unha figura de apego, nutricia e sustentadora. Tamén pode ser que, inconscientemente, decidise cambiar de nome, cumprindo coa tradición xudía de mudar o nome para escorrentar a morte e a enfermidade. Pode ser que o músico ventase que a morte lle axexaba?

 

 

 

Sexa como for, síntome afortunada por ter coñecido a súa historia por casualidade, cando fai un mes, escoitaba a radio. Desde entón, a súa música ilumina a miña vida. Grazas Demian! Espero que teñas acadado a serenidade e tranquilidade do nome, que a túa nai che deu.

 

 

 

Alguna vez tes pensado na posibilidade de cambiar o teu nome? Quizais desexas renunciar a algún dos teus apelidos?  Tes pensado no significado profundo dese desexo?  Houbo persoas da túa familia que mudasen o seu nome ou apelidos?  

 

1Comentario

  • Uno más

    02.06.2016 at 20:45 Responder

    Qué bonito lo que escribes, qué grande Lewin. Yo también vivo iluminado por su música… Una pena no tenerle entre nosotr @s

    Un beso

Deixa un Comentario

*