ANDRES DEMIAN LEWIN E AS SÚAS PANTASMAS

No verán de 2008, o músico madrileño Andrés Demian Lewin visitou Bos Aires. Antes de abandonar a cidade onde nacera e medrara, acudiu ao seu fogar no número 125 da rúa  Canning. Alí, na pranta baixa, deixou sesenta fotocopias dunha carta, que titulou “Carta ás miña pantasmas”: un acto psicomáxico ao puro estilo Jodorowsky.

 

JODOROWSKY

Foto: Alejandro Jodorowsky 

 

 

O texto, que se pode ler íntegramente no blog do músico, “Yo lancé una mandarina” di:

 

 

 

 

“O meu pai foi quen de levantar este bloque de pedras, pero non soubo soster o amor. O meu pai endexamais me dixo quérote, e algúns anos despois a miña nai acubilloume en España. Hoxe a finais de xullo do 2008, volto a este lugar desde Madrid, para saúdalo e dicir adeus.

 

 

 

Non me estou a despedir dunha materia inerte. Despídome dunhas pedras cargadas de sentimentos. Viñen para despedirme do meu pasado…

 

 

 

Entre estas paredes aprendin  a linguaxe que agora emprego. Entre estas paredes a miña nai xogou comigo ao avionciño, e agarimoume coma fai unha nai inmensa. Aquí ouvín por primeira vez unha canción emocionante. Aquí entendín que os gatos son elegantes e que non se deixan domesticar. Aquí souben que a vida é marabillosa, pero tamén que a miña nai había de chegar ata esas  estrelas, desde onde  agora  axexa. Neste lugar teño visto chover sen parar, e aprendín que o mellor da vida está na beleza que se atopa en todas as cousas….

 

 

 

Pídelle á pantasma do meu pai, que me queira máis. E dille ao fantasma da miña nai que o amor que lle deu aos seus fillos nunca se perde. Ás pantasmas dos meus xoguetes, á do tocadiscos e ás  das cancións inconcibibles dalles unha pancada dereita a Madrid. Saúda aos gatos e á saraiba, E se ves ás pantasmas que fan chorar, é mellor que fagas o parvo, e que non lle contes onde fun”   

 

 

 

O músico vestiu o sombreiro de psicomago, noutras ocasións.  Andrés Demian Lewin dedicou varias cancións á pantasma benfeitora da súa nai, da que tomou moito e bó. Unha delas aparece publicada no álbum póstumo “La Tristeza Vida Láctea” (2016). A canción é un fermoso canto á vida, unha invitación a tomar todo o que nos da e a seguir camiñando cara adiante.   “Este fin” é unha pequena xoia, que escintila con gratitude e amor infinitos. Pura maxia. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tes  feito  algunha vez  un acto simbólico ou ritual, coa finalidade de liberar o inconsciente familiar de cargas do pasado? Tes escrito algunha vez unha carta ás túas pantasmas? Que sentes despois de ter feito ese acto simbólico? Sentes un pouco máis de acougo?         

 

 

2 Comentarios

  • Miguel

    07.01.2017 at 23:26 Responder

    La estela del cometa Lewin me trajo hasta aquí. Siempre que pude la seguí, desde alguna noche lejana de 2007 en que le descubrí en la Red, junto a Ramiro y Marwan…
    Me hizo reir, me hizo soñar y también me hizo llorar con las canciones dedicadas a su madre (“María” y “Vuelve”). Mi madre también se llama María (a secas) y siempre me vi reflejado en sus canciones.
    Gracías, María (H)elena, por dedicarle un hueco en tu memoria y por contribuir, también, a mantener encendida la llama de su recuerdo…
    ¡Grande, Lewin¡

    • bisagras

      08.01.2017 at 10:15 Responder

      Gracias a ti!!! Me ha encantado escuchar Vuelve. Lewin llegó a mi vida en un momento muy especial. Y me acompañó con su luz en el proceso de despedida de mi padre… Lo llevo en el corazón.

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.