Asesoramento

Es desas persoas, que desexan investigar coas súas propias mans.

 

Pertences ao grupo dos escaravellos, eses estraños seres que poboan os arquivos e que non se deixan amedrentar polos ácaros, a escritura indescifrable ou os libros grosos, sen índice. Tes todo o tempo do mundo. Ou poida que non o teñas e prefiras dedicar o pouco tempo que tes a escarbar.

 

Para ti, deseñei a opción ao teu aire.

 

Queres programar unha visita a Galicia para investigar e necesitas orientación, sobre que arquivos visitar.

 

Neste caso axúdoche a deseñar unha estratexia, que che permita optimizar a túa viaxe e ser máis eficaz. Así poderás alternar a actividade investigadora co lecer. Non te irás cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha.

 

Asesóroche na investigación da túa historia
Don`t copy text!