BENJAMIN CLEMENTINE. CANCIÓN PARA DICIR ADIÓS

 

 

 

Hoxe paseo polo parque Rosalía de Castro, moi cerca da miña casa. No chan, hai restos abondosos de follas secas e ramallos rotos. Foi o vento, que onte de madrugada batía na miña ventá. “Amelie”, así lle bautizaron.   Que será das volvoretas de outono, que hai dous días revoaban, preto do cedro xigante?

 

 

Definitivamente, o outono xa está eiquí e nos invita a espirnos como as árbores e despoxarnos de adobios e disfraces. É un bo momento para facer balance e soltar xeitos de facer e sentir, que xa non serven. Nunca é tarde, para revisar isto.

 

 

 

Na miña  cachola soa “Adiós” de Benjamin Clementine: a candidata perfecta, para formar parte da miña listaxe de cancións xenealóxicas. Á fin e ao cabo, este tempo de defuntos no  que honramos aos que xa non están, tamén é de revisar obediencias cegas e lealdades invisibles, que non nos permiten ser. Dalgunha maneira, esta canción cadra, para falar  do camiño da individuación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

“The decision is mine

 

The decision is mine

 

So let the lesson be mine

 

Let the lesson be mine

 

The decision was hard

 

The decision was hard

 

Cause the vision is mine

 

The vision is mine”

 

 

“Adiós”. Benjamin Clementine

 

 

 

 

 

 

O piano de Benjamin Clementine suxire unha precipitada fuxida cara adiante e a súa voz é unha súplica, un pedir permiso, para tomar o rumbo da súa propia vida.  Ás veces, fuxir é o único xeito posible de sobrevivir. Quizáis, cando pase un tempo, as persoas que como el, temos emprendido esa fuxida, sintamos a necesidade de regresar e saber un pouco máis. Eu xa o teño feito, e hoxe, tamén o sigo a facer.    

 

 

 

 

De que queres despedirte este mes de novembr0? Dalgunha forma de facer ou sentir? Hai algunha crenza familiar que quererías desterrar?  Xa tes topado a túa propia voz, dentro do sistema?

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*