Brasil. Tarjetas de Inmigración

BRASIL. TARXETAS DE INMIGRACIÓN

 

Hoxe amanezo lendo as cartas que aló polos anos cincuenta, enviaba un dos irmáns do meu pai dende Nilópolis, no estado de Río en Brasil. Nas cartas fala de historias de emigración: a “morriña” por estar lonxe da súa terra, agradecemento polas paquetes recibidos con xornais, revistas e chourizos, aviso de que mandará cartos en breve e conversas de encontros mantidos con  paisanos e paisanas. Polos seus escritos podemos saber das súas lideiras, que tiñan que ver principalmente coa situación económica no país e con problemas de adaptación.  

 

 

Daquela, o meu tío xa soñaba co seu regreso. Era da idea de que Brasil non era o lugar adecuado para críar unha filla.  

 

 

Manolo chegou a Brasil en 22/03/1949 no barco Cuiara, que partiu do porto de Vigo. Iso pon a tarxeta de inmigración que se pode consultar colección Brazil, Rio de Janeiro, Inmigration Cards, 1900-1965 de Family Search. Un ano máis tarde reúnense con él a súa muller e a súa filla. Botaron aló máis de dez anos.

 

 

 

 

Tarxeta de Inmigración. Family Search  

 

 

Nese pais tamén probaron sorte outros dous irmáns do meu tío, aínda que finalmente un marchou a  Venezuela e outro a Arxentina. Levoulles tempo atopar o seu sitio, aínda que tamén regresaron.

 

 

É case máxico, poder acceder a golpe de ratón ás tarxetas de inmigración, que cumplimentaron no Consulado de Brasil en Vigo, antes de partir. Por elas, podemos saber da súa filiación, estado civil, profesión, lugar de naturaleza e de residencia. No reverso aparece tamén o nome do barco e data de desembarque. A tarxeta inclúe foto. Encántame ver as fotos dos meus tíos tan noviños. É case com se fosen descoñecidos! 

 

 

De finais dos anos 50 son tamén as emblemáticas  fotos  de Manuel Ferrol, que retratan o ambiente que se respiraba nos portos de A Coruña e Vigo, no momento dos adeuses.  Se puidese viaxar no tempo, gustaríame acompañar ós meus tíos neses momentos previos ó embarque e dicirlles que todo está ben, que non choren.   

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!