CANCIÓNS PARA ACOMPAÑAR NO PASAMENTO

 

Lhasa de Sela morreu en Montreal no 2010, a consecuencia dun cancro, con só trinta e sete anos. Os seus pais chamárona Lhasa polos seus ollos achinesados, pero tamén porque se sentían profundamente atraídos pola filosofía oriental e pola idea de inmortalidade da alma do budismo tibetano. A cantante e componedora de almas  firmemente que a morte non era o fin. Esta crenza tomou a forma de dúas cancións de beleza arrepiante que Lhasa de Sela cantaba con valentía non seus concertos: “Soon the space will be too small” e “I´m going in”.

 

 

 

Nos derradeiros días da vida do meu pai, eu salmodiaba estas cancións, sempre que tomaba a súa man e abesouraba con tenrura os seus ollos  achinesados. Houbo ocasións, nas que fun quen de as cantar timidamente, para que sentise que estaba alí. Agora que ficou,  só teño a música e a presenza invisible do meu pai.

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*