CANDIDA. EL ESTEREOTIPO DE LA GALLEGUITA

CÁNDIDA. O ESTEREOTIPO DA “GALLEGUITA”

Cándida é un personaxe radiofónico e cinematográfico creado pola actriz cómica arxentina de orixe asturiana, Marina Esther Traveso, coñecida polo nome de Niní Marshall.   

 

 

O personaxe obedece a un estereotipo xa presente con anterioridade no imaxinario colectivo arxentino: o da “mucama” galega.

 

 

 

 

Mucamo, mucama

 

En Arxentina. Persoa empregada no servizo doméstico

 

 

 

 

 

 

Desde finais do S.XIX, as mulleres galegas do rural comezan a emigrar en masa, rumbo a América, para traballar principalmente no servizo doméstico. Ós poucos, vaise construíndo o mito das galegas como xoves inxenuas, pouco refinadas, desconfiadas, amarradas, tarabeleiras e fácilmente recoñecibles polo seu acento, como Lola Flores.

 

 

Cándida Loureiro Ramallada encarna todas esas calidades. En 1939, despois de ter acadado un éxito inesperado na radio, o personaxe da o salto ó cine coa película homónima, dirixida por Luis Bayón Herrera. Despois desta haberá moitas máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Que interese pode ter unha película protagonizada por unha especie de cruzamento entre Lina Morgan e Beatriz Carvajal, que se asaña coas galegas migrantes e pobres? Podería obviar certos detalles incómodos e centrarme no valor documental do filme?

 

 

Sempre tiven interese na emigración das mulleres, xa que a miña avoa Casilda emigrou a Cuba soíña e sendo ben nova. Contan que o seu destino inicial eran os Estados Unidos de América, onde os seus irmáns e irmás agardaban por ela, pero que debido a cambios nas políticas migratorias tivo que se conformar con Cuba.  

 

 

A súa experiencia migratoria é un misterio para min. Sei que viaxou solteira e voltou casada. E que traballou no servizo  doméstico. En Cuba, non tiña irmáns ou irmás, pero si familia extensa, que mirou por ela.   

 

 

Cando observo a escena en que Cándida descende pola escaleira do barco que a leva a Bos Aires, podo albiscar un algo da miña avoa Casilda. Ela tamén levaría os documentos a recado, no xustillo, respondería con palabras semellantes ós traballadores de aduanas e miraría con desconfianza ó señor médico.   

 

 

Pode que tamén fixese noite en Triscornia, o equivalente cubano do Hotel de Inmigrantes de Bos Aires, en canto non contactou coa familia. Seguro que sentiu  medo e vulnerabilidade, afastada do seu entorno doméstico, onde todo era pequeneiro e recoñecible.

 

 

Como Cándida, seguro que a  miña avoa tamén acudiu a unha desas romaxes multitudinarias, acompañada polo meu avó. Ella, que nunca antes bailara! E seguro que de noite, tamén soñaba coa terra que deixara tras de si.  Eran soños, nos que viaxaba non á Galicia mariñeira de onde procedía Cándida, senón a ese lugar mítico de Queixa, nas montañas do Ouresne oriental. onde foi Heidi por un día.

 

 

Grazas a “Cándida” fun quen de acompañar á miña avoa no seu periplo e tamén de descubrir a ollada do Outro, que axexa a través dunha lente, que deforma. A verdade é que querería outra ollada para ela, máis benevolente e humana. Ser migrante non vos é fácil! 

 

 

 

Houbo historias de mulleres migrantes na túa familia? Que cousas sabes e que cousas non sabes da súa experiencia migratoria? Coñeces algunha película que fale da realidade das mulleres gallegas, que emigraron a América?   

   

 

4 Comentarios

  • Mirta Lorenzo

    06.06.2021 at 21:36 Responder

    Mi abuela, Manuela Muleiro, de Ourense, la amaba e iba con mi mamá al cine a ver sus películas. Nunca sintió que se reían de ella o que la discriminaban, más bien rescataba que se mostrara a las gallegas como honestas y trabajadoras.
    Saludos!

    • bisagras de papel

      07.06.2021 at 13:34 Responder

      Gracias, Mirta Lorenzo!!! Soy consciente de que Niní Marshall era una actriz muy respetada. Y hay quien dice que había empatía hacia las mujeres migrantes en su interpretaciones. Me interesa conocer el punto de vista desde la Argentina, así que de nuevo gracias! Esta semana me veré “Cándida millonaria”.

  • Javier Vence

    08.06.2021 at 21:22 Responder

    Una vez entrevistar al doctor Antonio Pérez Prado. El médico en un rol de periodista entrevistó a Nini. Y le pregunto. De dónde saco el personaje de Candida. La actriz – quizás en broma- le dijo de una sirvienta gallega que era de Burgos.

    • bisagras de papel

      10.06.2021 at 21:21 Responder

      Cuentan que en su casa trabajaba una mujer gallega que era de León

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!