CASTELLANOS DE CASTILLA. UNHA DE ROSALÍA

Na Ribeira Sacra ourensá, en Parada do Sil, hai un miradoiro que  asoma ó canón, que ten o enigmático nome de “Os Balcóns de Madrid”.  A primeira vez que visitei este lugar, dixéronme,  que ese era o punto onde despedían ás persoas, que entre abril e maio de cada ano, ían a sega. 

 

Dende alí, os familiares podían contemplar como os seus seres queridos atravesaban o río, despois de descender pola pronunciada pendente. Logo voltaban subir e camiñaban ata Monforte, para apaña-lo tren.  Disque, desde este punto, no só partían os temporeiros que ían a Castilla. Tamén, partiron moitos homes e mozos, que venderon os seus barquillos, polas rúas de Madrid. Parada do Sil é terra de barquilleiros.  

 

 

 

Mural de Cestola na Cachola

 

 

Cruzando o río, na Ribeira Sacra de Lugo, había tamén persoas que se despedían, aínda que non houbese un lugar, destinado específicamente “os adeuses”.

 

A historia que vos vou contar, aparece rexistrada nos libros parroquiais de San Vicente de Pombeiro, en Pantón. O protagonista da nosa historia non era barquilleiro. Era simplemente un mozo solteiro, de vinte anos, que fora con outros veciños da parroquia, á sega. Lembrades o poema de Rosalía? Benito Albarado, que así se chamaba, foi un deses galegos, que “cando foi, iba sorrindo”. 

 

Ós poucos meses, chegou a triste noticia de que Benito morrera. Segundo un certificado enviado polo administrador xeral do Hospital de Madrid, o noso malpocado mozo entrou neste hospital en xullo, gravemente enfermo e alí faleceu. 

 

O seu irmán pagou un funeral, pola súa alma. Ninguén recitou os versos da nosa Rosalía, porque era 1804 e “Cantares Galegos” aínda non se publicara. Pero quen sabe, se houbo alguén que chorase, pola luciña dos seus ollos, polo amantiño do seu peito”.

 

 

 

 

 

 

Ás veces, os libros parroquiais agasállannos historias como esta, de mortes ocorridas a moitos quilómetros de distancia: Madrid, Miraflores de la Sierra, La Habana, Montevideo… Son historias de emigración , con final infeliz. Historias que nos retrotraen a tempos, no que moitas aldeas galegas baleirábanse de homes, forzados a procura-lo pan, nos campos de trigo de Castilla ou nos territorios de ultramar.  E tamén de mulleres, pero diso falaremos noutro momento.  

2 Comentarios

  • Sonya

    31.01.2020 at 19:10 Responder

    Excelente te felicito por el trabajo que llevas a diario, dando a conocer todo lo relacionado a nuestros antepasados, aquellos que se negaron a dejarse olvidar que se fueron con los ojos tristes y que nunca lograron regresar

    • bisagras de papel

      02.02.2020 at 21:52 Responder

      Gracias Sonya. No sé muy bien porqué, pero las historias de emigración me fascinan… ¿Será porque también forman parte de mi historia?

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!