AS ORDES DO AMOR. SON A SEXTA

 

 

 

Hoxe despertei coa nova do falecemento de Bert Hellinger, o pai das constelacións familiares. Eu non tiven a sorte de coñecelo persoalmente, pero sí de ler algúns dos seus libros e de experimentar a súa metodoloxía, a través doutras persoas. Así que, no meu día a día como xenealoxista, sempre teño moi presentes, as súas aportacións á sistémica, cas chamadas ordes do amor.  

 

 

 

 

 

Teño que confesar, que pasaron moitos cucos, dende que por primeira vez ouvín falar de constelacións familiares, ata que finalmente, constelei coa niña propia historia. No meu mapa, asociaba esta ferramenta a una sesión de espiritismo, no que a taboleiro era o cuarto, no que un grupo de persoas se xuntaban, para coñecer as dinámicas do seu sistema familiar. O espiritismo para mín é sinónimo de perigo.  Son moi, pero que moi medoñenta.

 

 

 

A casualidade fixo que, hai catro anos, cando Bisagras de Papel estaba en proceso de xestación, coñecese a Sara Corredoira Darriba. Daquela, estaba organizando as XI Xornadas de Constelacións Familiares da AEBH (Asociación Española de Constelacións Familiares e Sistémicas Bert Hellinger), en Lugo.

 

 

 

O lema era:

 

“Cadaquén no seu lugar, co amor que sana”.

 

 

 

As xornadas organizáronse en marzo, poucos días antes do meu aniversario. Acudín a elas, con curiosidade e ilusión. Escoitei por primeira vez a Joan Garriga, quen introduciu a Bert Hellinger en España, e anoteime en varios obradoiros, que me chamaban polo tema. Pese a iso, teño que dicir que participei desde a barreira. Non pedín para constelar nen fun elixida, como representante.

 

 

 

 

Ós poucos días, Sara organizou un obradoiro grupal, no ela era a facilitadora. Era o día do meu aniversario, así que decidín asistir.  Sería un bonito agasallo. Lembro que viña de recibir, hai unas semanas, o certificado de defunción do meu irmán descoñecido. Entre as miñas mans tiña a proba documental, de o meu irmán finou con tres meses de edade, un 11/03. Eu nacía dous años despois, tamén en 11/03. Así que, por primeira vez na niña vida, estaba a celebrar o meu aniversario, consciente da súa breve existencia.        

 

 

Sei que compartin, isto co grupo. Nese momento, a facilitadora preguntoume se quería constelar. Non o dubidei… Ós poucos, escollín ás persoas, que representarían á miña familia, agás eu, xa que asumín o doble papel de representante e observadora.   Alí estábamos mamá , papá , a miña irmá, o meu irmán e todos os demáis… Non vou describir con detalle a dinámica que se desatou, pero sí  o que me levei.

 

 

 

 

 

 

 

Todos os demáis eran, ni máis nin menos, tres embarazos malogrados, un en avanzado estado de xestación, e un bebé que morreu con só tres meses de vida, de hidrocefalia. Todo isto, ocorreu entre o nacemento da miña irmá e eu. Despois, aínda había vir o meu irmán. Iso quere decir que éramos sete e non tres. E que polo tanto: “Eu son a sexta, e non a segunda”

 

 

 

A nosa familia estaba marcada polo duelo perinatal. Iso foi algo que puiden axexar e sentir, durante a constelación, Pero, o máis importante para min, foi atopar o meu lugar no sistema e incluir ós demáis, despois de telos chorado e despedido.

 

 

 

Uns meses máis tarde, cando a miña deseñadora, Paloma Chapa, presentou varias propostas de logo, para Bisagras de Papel, non dubidei. Namorei da bisagra, que movía as súas ás, con tres puntos en cada unha delas , seis en total. Dalgunha maneira era eu, que transcendía a miña historia familiar, despois de terme mergullado nela.  O logo, tamén, estaba a falar de min.

 

 

 

 

 

¿Cres que hai orden a túa familia? ¿Hai persoas excluídas das que non se fala? ¿Cómo sería iso de darles un lugar no sistema? ¿Cómo sería iso de atopar o teu lugar no mundo?

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*