A TÚA HISTORIA

Agora que xa sabes a miña historia, convídote a que me contes a túa. O inicio dunha investigación pode obedecer a causas moi variadas. A miña pescuda comezou hai catro anos, debido á curiosidade que eu tiña polo segundo apelido do meu pai. Ese apelido era unha rareza na zona da provincia de Ourense, onde el nacera. Aos poucos, esta procura foise estendendo a outras ramas da familia. A obtención de novos documentos permitiume facer máis preguntas e abrir novas portas.

” Todo o mundo debería coñecer a súa árbore xenealóxica. A familia é o noso cofre do tesouro ou a nosa trampa mortal”.

Alejandro Jodorowsky

Cal é o motor da túa busca?

IMG_20140322_170507 1
Motivos legais:

Queres probar que os teus avós ou os seus devanceiros eran españois.

Queres localizar herdeiros nunha sucesión intestada.

Queres atopar os documentos, que permitan xustificar a propiedade dunha finca.

Motivos terapéuticos:

Queres obter información da túa árbore, porque estás seguindo algún tipo de terapia que utiliza a árbore xenealóxica como ferramenta (biodescodificanción, sistémica…).

Queres coñecer o historial clínico e causas do pasamento dos teus devanceiros.

Queres identificar crenzas familiares limitadoras (saúde, amor e traballo) para mudalas por outras.

Queres dar un lugar no teu sistema familiar aos teus devanceiros, incluíndo aqueles dos que non se fala

Motivos emocionais:

Queres saber algo máis dese familiar morto ou ferido nas guerras coloniais (Cuba, Filipinas ou Marrocos) ou que se alistou como voluntario da División Azul.

Queres coñecer a historia dos teus familiares vítimas da Guerra Civil ou represaliados.

Queres regalarlle aos teus descendentes, a historia das mulleres da túa familia.

Queres regalarlle ao teu pai ou a túa nai, os documentos que expliquen a orixe do seu apelido.

Queres retomar o contacto con esa parte da familia que non coñeces.

 

Quizais só queres facer a túa árbore xenealóxica.

Cóntame a túa historia e reescribirémola xuntos