A Á CREBADA. AS FERIDAS DAS NOSAS NAIS

Hai anos que sabía que Antonio Altarriba (Bilbao.1952) planeaba contar a historia da súa nai, despois de ter rendido homenaxe ao seu pai na marabillosa novela gráfica “A arte de voar”, Premio Nacional de Banda Deseñada 2010.

 

 

PADRE

Viñeta. “El Ala Rota”. Norma Editorial

 

 

 

 

Por iso, cando “A á crebada, ilustrada novamente por Kim (Barcelona. 1941), caeu nas miñas máns, devoreina. O punto de partida engaiola. É posible non coñecer a historia da nosa nai? Como é posible que o autor da novela non soubese que a súa nai estaba eivada dun brazo? E que o seu pai tampouco o soubese? Como se amañau para acochar toda a súa vida uhna ferida tan dolorosa, infrinxida polo seu pai nada máis nacer?  

 

 

 

ALBUM

Viñeta. “El ala rota” . Norma Editorial

 

 

Entramos aquí, no eido dos grandes segredos. A historia de Petra é unha historia de violencia, de desencontro cos homes e de desvalorización. O seu nome fálanos da súa condición de ser inanimado.   

 

 

 

“Petra… Que horror! Puxemos a todos os nosos fillos nomes de vexetais… Nomes que falan de flores, de fertilidade, de beleza… É unha maneira de sacalos desta terra baldía  na que lles tocou nacer… E vai vostede e lle chama Petra á pequena…”

 

 

 

Ao nacer, Petra sobrevivirá á ira do seu pai, superado polo tráxico pasamento da súa muller no parto. A ferida de Petra, ese brazo que nunca poderá desenvolverse con normalidade, será a súa seña de identidade. O seu proxecto sentido estará relacionado coa culpa, por ter sido a causa da morte da súa nai e da dor nunca resolta do seu pai, incapaz de asumir unha perda tan grande.

 

 

 

partoViñeta. “El Ala Rota”. Norma Editorial

 

 

“Ao nacer, a miña nai morre no parto. E o meu pai, que devecía por ela, quixo matarme”, conta Petra nun relato nada emocional.

 

 

 

Petra representa a todas aquelas mulleres invisibles, resignadas e asoballadas, que durante séculos asumiron sen cuestionar a autoridade de pais e maridos. A historia de Petra estructúrase, a modo de flashback en catro capítulos, que levan o nome dun home que representa unha figura de autoridade: Damián, o pai; Juan Bautista, o patrón; Antonio, o home e Emilio, o amante. Só con Emilio, Petra será quen de manter una relación equilibrada con alguén do sexo contrario, a pesar do axexo das monxas do asilo, no que a protagonista pasa os derradeiros días da súa vida.   

 

 

A novela gráfica fai un relato dos “usos amorosos da posguerra española” e das dificuldades dos nosos pais e abós para establecer unha relación afectiva e sexual sana. As súas historias están marcadas, por ese discurso dominante de que o sexo está ligado á procreación e de que existe ademáis un débito conxugal, de cumprimento obrigado para a muller.  Moitas veces, a negativa a manter relacións sexuais co home no tempo e forma que demandaba,  xustificaba a violencia física ou sexual dentro do matrimonio ou busca do sexo noutros lugares. Petra non será vítima de violencia por parte do seu home, pero sí dunha certa desafección que autorizará a Antonio a buscar o sexo fóra de casa e precipitará a morte da relación, nun tempo en que non existía o divorcio. 

 

 

A forma na que o autor conta a historia de amor dos seus pais está espida de todo xuízo. Non hai bós nin malos. Só as vidas de dúas persoas que xogaron as súas cartas como mellor souberon. O pai con grandes accións, empurrado polos seus ideais e soños de liberdade e Petra, a mai, con voos  discretos e cortos. Co “A arte de voar” e “A á crebada”, Antonio Altarriba fai un fermoso aceno de recoñecemento aos seus pais, tomando as súas moedas sin cuestionar a cantidade ou cualidade  das mesmas.      

 

 

 

Que sabes da intrahistoria das mulleres da túa familia? Algunha historia de violencia inconfesable? Algunha ferida habilmente oculta? Que prezo tiveron de pagar por seren mulleres? Que sabes da historia de amor dos teus país?

Non hai comentarios

Síntoo, o formulario de comentarios está cerrado nestos momentos.