EL ALMA

A ALMA PERDIDA.  OLGA TOKARCZUK E JOANNA CONCEJO

 

 

Hoxe comparto, unha das miñas últimas descubertas.

 

 

Trátase dun álbum ilustrado, titulado “A alma perdida”, editado por Thule Ediciones. O texto é de Olga Tokarczuk , autora polaca, gañadora do Nobel 2018. As ilustracións son de Joanna Concejo, artista polaca, de sona internacional.

 

 

Os dous elementos, texto e ilustracións, materialízanse nunha coidada edición, que invita a una lectura queda. Tiña que ser así.

 

 

 

 

 

A ALMA PERDIDA

 

“A alma perdida”.  Thule Ediciones

 

 

 

 

 

“A alma perdida” conta a historia de “un home que traballaba moi duro e moi rápido e que xa había un tempo, deixara loxe, en algures, a súa vagarosa alma”. O seu caso non era único. De feito, o mundo estaba cheo de persoas como el, “apresuradas, suorentas e exhaustas, e as súas almas tamén estaban perdidas”. Era un mundo en branco e negro.

 

 

A boa nova é que a historia ten un final feliz e que o noso home consigue reencontrarse coa súa alma. Para iso, terá que parar e agardar. É unha espera longa.  Pero non hai outro modo, xa que as almas teñen o seu propio ritmo. Máis calmo.

 

 

O encontro traerá cor e sentido á súa vida. E como pasa en moitos contos con final feliz, xa sabedes, foron felices e comeron perdices.

 

 

Cada mañá, deste tempo de confinamento penso no “paraqué” do todo isto.  Quizáis so necesitemos parar, para que as nosas almas podan atopar o camiño e petar na nosa porta. Que bonito sería camiñar de novo, ó compás! Brindemos por un mundo almado.  Reinvidiquemos a tenrura.

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.