la transformación de clovis

EL ANGELUS. HISTORIA DUNHA TRANSFORMACIÓN

 

Hoxe comparto unha recomendación de lectura moi xenealóxica. Trátase do cómic titulado “El Angelus”, do guionista Frank Giroud e do debuxante catalán Josep Homs, publicada en España por Norma Editorial.

 

 

O orixinal foi publicado pola editorial franco-belga Dupuis, dentro de unha colección de Giroud dedicada ós segredos de familia (“Secrets”).  Devezo por ler algún título máis desta colección!

 

 

Cando o lin por vez primeira, Bisagras de Papel aínda non existía, nen sequera no meu maxín. A pesar disto, eu xa estaba inmersa nun proceso de busca persoal, que me empurraba a cambiar a miña forma de vida.

 

 

Nese momento, fascinoume a metamorfose física e psicolóxica do protagonista e a súa evolución. Foi moi inspirador, observar como nas páxinas do cómic, Clovis Chomel mudaba o gris polo tecnicolor.        

 

 

 

 

 

“El Ángelus”. Portada Tomo 2. Edición original

 

 

 

 

Daquela, o transxeracional, moi presente nesta historieta, non chegara aínda á miña vida. Era cuestión de tempo… Aínda faltaban uns mesiños, para que eu empezase a incomodar á miña familia con preguntas indiscretas e a solicita-los primeiros documentos, nos  registros civís e xulgados de paz.

 

 

No cómic, Clovis Chomel tamén se convirte nunha persoa molesta que pregunta a familia e descoñecidos, visita arquivos e camposantos, coa finalidade de coñecer a verdade da súa familia.  

 

 

O detonante desa busca é unha visita casual ó Museo d´Orsay en París, na que o  noso personaxe sucumbe ó “síndrome de Stendhal”, despois de observar o cadro de “O Angelus” de Millet, o mesmiño que obsesionou a Salvador Dalí, durante unha grande parte da súa vida.

 

 

MILLET. HISTORIA DE UNA OBSESIÓN

 

“El Ángelus”. Millet. 1857 

 

 

 

O cadro de Millet actúa como un “elemento bisagra”, unha especie de resorte, que desperta no personaxe lembranzas antigas.     

 

 

Elemento bisagra

 

Un objeto, un color, una actitud… algo insignificante por si mismo, pero que nos conduce a un elemento relacionado con un trauma grave.

 

“El Angelus”. Norma Editorial

 

 

 

O encontro con “El Ángelus” será un potente motor de cambio, que lle permitirá dar un novo sentido á súa vida. Para iso, Clovis terá que bucear e mergullarse nas aguas do inconsciente familiar e recordar.

 

 

Ó longo da historia toparemos conceptos clásicos do transxeracional coma a carga de ser fillo ou filla de substitución, un síndrome do xemelgo evanescente moi particular, a importancia do proxecto sentido ou do nome elixido e incluso actos simbólicos, que buscan dar espazo ás persoas excluídas da árbore familiar.

 

Pregúntome se ti tamén tes iniciado o camiño de Clovis. E se aínda non o fixeches, por que agardar?       

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!