fomites y la investigación genealógica

OS FÓMITES E A INVESTIGACIÓN XENEALÓXICA

No fragor da quinta onda da pandemia, fago os preparativos para visitar o Arquivo Diocesano de Santiago, un dos poucos que permanece aberto na primeira quincena de agosto.

 

 

Esta preparación inclúe entrar na súa web para consultar os fondos parroquiais e os libros que están dispoñibles para consulta. Cómpre tamén levar luvas, lapis,  afia e unha toalliña contra o bafo. E non debo esquecer que só se poden consultar un máximo de seis libros por xornada, xa que quedarán en corentena, durante dez días.

 

 

Neste arquivo seguen a tomar todas as cautelas precisas, para evitar o contaxio por contacto con superficies contaminadas, aínda que esta probabilidades de contaxio por esta vía son mínimas. Definitivamente, os fómites non están a xogar o noso favor!

 

 

 

fómites e a investigación xenalóxica

 

 

 

Aínda lembro, o día que tiven que abortar a miña investigación en Santiago a media mañá, porque tiña chegado ó tope de libros permitidos.

 

 

Lembro tamén o día en que, cando entraba en Mondoñedo, decateime de que esquecera as luvas de algodón, que pedían para investigar. Finalmente, conseguí unhas luvas de último recurso nunha ferraxería da vila, que infelizmnte non eran do meu talle. Pódovos asegurar que no foi fácil, follear os libros, cunhas manoplas XXL.

  

 

Confío en que setembro cheguará con boas novas, como a reapertura de Ourense e Astorga, o aumento dos aforos  e o fin das  limitacións dos libros a consultar.   

 

 

Investigar en tempos de COVID-19 non  é  doado. Son tempos estraños de limitacións nos aforos, luvas e máscaras! Menos mal que temos o mundo dixital!    

 

 

Como está sendo a vosa experiencia? Contádeme se as restriccións polo COVID-19 están a dificultar as vosas investigacións  

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!