O NOME. A GRANDEZA DE CHAMARSE AURENTIN

Din que o nome imprime carácter. Pregúntome, que é o que levou os meus bisavós a poñer ó seu fillo máis novo, o nome de Aurentin. Conta a historia que lle chamaron así por un enxeñeiro francés, que a finais do século XIX, traballaba na zoa, na construcción da liña férrea, que unía Galicia coa meseta. Eran tempos de “mesianismo ferroviario”.

 

O tren era unha promesa de progreso e modernidade. Iso era o que os seus pais querían para o meu avó: progreso e modernidade. Aurentin era unha invocación para rematar co meigallo da escaseza e fame na familia. O seu nome acochaba un anhelo de abundancia.

 

ESTACION DE FERROCARRILL 1883. FOTO J. LAUREN

Estación de tren de Monforte de Lemos. 1885. Foto: J. Lauren 

 

Cando a vida do meu avó chegaba ó seu fin, as súas mans eran ásperas e o seu brillo era máis interior que exterior. Aurentin non foi quen de enriquecerse materialmente. Mais a historia interiorizada do seu nome lembráballe que tiña a obriga de brillar como o ouro, aínda que fose dun xeito calado. Aurentin tiña un algo de dignidade e elegancia no seu porte. Había sobriedade e grandeza na súa face.

 

A súa biografía estivo marcada polo seu nome francés, que lle vinculaba irremediablemente co pensamento ilustrado, a loita pola liberdade, igualdade e fraternidade e o amor romántico.

 

Amor romántico, si…. A voda clandestina dos meus avós é un capítulo fundamental da historia familiar. Un acto de subversión da orde establecida ou modernidade en estado puro. Os noivos, coa complicidade dalgúns familiares e amigos, fuxiron a Ourense para se casar. Ás agachadas, camiñaron ata Monforte, para logo apañar o tren a Ourense. Fai case cen anos daquilo. Imaxinades? Era o que se diría, un matrimonio morganático, porque Aurentin era pobre e a miña avoa, filla dun propietario. Pode que Aurentin non tivese ouro, pero dalgún xeito era ouro. Así que, pasado o tempo, o pai da miña avoa descubriu a grandeza de Aurentin e aceptouno coma se fose fillo de sangue.

 

 

LA LIBERTAD GUIANDO AL PUEBLO

La libertad guiando al pueblo. Eleazar

 

 

E ti, queres coñecer a historia do teu nome? Sabes quen cho puxo e por qué? O teu nome é novo na familia ou tradicional? Queres saber o que o teu nome esconde?

 

2 Comentarios

  • MARIA

    27.02.2016 at 18:38 Responder

    Hola!! Enhorabuena por hacer lo que amas!!!! Me ha resultado super interesante!!
    Mi nombre es María José, cuando yo nacía, mi abuelo materno, José, estaba muy enfermo y les dijeron que no tenía solución, por lo que olvidaron Estefanía (como mi bisabuela paterna) y decidieron como mi abuelo. Nombre que lleva uno de sus hijos, dos de sus nietos, mi abuela, su mujer, se llama Pepa…
    En casa y la familia cercana ,siempre me ha llamado Jose, hasta hace unos años. no me decía nada para bien ni para mal, pero de un tiempo a esta parte, no me gusta….lo escucho con mucha carga…
    Hace unos 18 años en mi primer trabajo, cuando yo llegué, ya había una María José por lo que el Jefe decidió que me llamaran María para evitar problemas…Me sonaba fantástico, me gustaba!! los círculos que conocí durante esos años me llaman María y me gusta!!! Unos años después, cuando me fuí de allí, otra vez volví a María José y me pesa….hasta hace unos meses que sin pensarlo, llegué a un lugar nuevo y desde el primer momento me llamo María y siento como mucho alivio, no sé que es lo que me puede pesar tanto…. GRACIAS

    • bisagras

      04.03.2016 at 10:50 Responder

      Que bien María!! A veces la vida nos regala dos nombres!!! Qué sabes de la historia de vida de tu abuelo? Quizás mirando ahí puedas encontrar algo.

Deixa un Comentario

*