O SORORATO. NON É BO QUE ANDRÉS ESTEA SÓ

Houbo un tempo no que o matrimonio entre cuñados, nas dúas modalidades,  sororato e levirato, era habitual. O sororato é o costume, segundo o que, o home que enviuvaba podía substituír  á súa defunta pola súa irma máis nova e casar con ela. O levirato asumía con naturalidade,  que a muller viúva casase co irmán do seu defunto marido.  Nos dous casos, tanto a muller que casaba co viúvo da súa irmá, como a que  casaba co irmán do seu home, non tiña capacidade para decidir sobre o asunto.

 

 

Visto hoxe cos meus ollos, esta tradición sería un acto de extremada violencia contra as mulleres, que eran tratadas como simple mercadoría e entregadas á familia do varón durante o casamento. O matrimonio entre cuñados era en realidade un matrimonio forzado, no que primaban os intereses patrimoniais das familias sobre a vontade da muller. Eran outros tempos… A supervivencia era máis importante que o amor, a autoridade dos pais era indiscutible e as mulleres non contaban.

 

 

 

Adan y Eva.  Albert Durero

 

Adán y Eva. Albert Durero. 1504

 

 

O pai do meu avó paterno, o meu bisavó Andrés, ó que lle puxen o alcume de Barbazul, enviuvou dúas veces.  Seguindo a máxima da Xenése 2:18: “Non é bo, que o home estea só”, casou rápidamente ca súa segunda muller, Crisanta, e tamén coa súa terceira muller, Luisa. A miña bisavoa Luisa converteuse así na muller do seu cuñado e a madrasta de dous pequenas. Posteriormente terían varios fillos, un deles, o meu avó. Descoñezo si o seu matrimonio casa máis co modelo de sororato forzado ou por amor, nacido na tristura do duelo.

 

 

 

LA TIA TULA

Fotograma La Tía Tula. 1964. Miguel Picazo 

 

 

Cando un home quedaba viúvo e con fillos, era comprensible que procurase con urxencia unha nai para eles. Iso foi o fixo o meu bisavó Andrés, que presupuña que só unha muller era quen de coidar das súas pequenas. O sororato garantía unha rápida substitución da nai falecida e empatía coas pequenas. Deste xeito, Andrés non estaba só e Luisa convertíase nunha madrasta bondadosa. 

 

 

Algunha muller da túa familia casou co seu cuñado? Foi un matrimonio forzado ou por amor? Sabes que consecuencias tivo isto na súa vida e a dos seus descendentes? Coñeces a intrahistoria das mulleres da túa  familia?

1Comentario

  • ana m. nuzzo dorado

    19.09.2019 at 18:34 Responder

    estoy intentando averiguar si en la inglaterra del sigloXVIII había una ley que prohibía el matrimonio entre en varon y la viiuda de su hermano, pero no hay manera cada vez que lo pregunto me mandan al levirato que es todo lo contrario ya no se donde mirar.

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.