EL indiano

É INDIANO UNHA PALABRA NEUTRA?

Hai unhas semanas, cando escribía un artigo sobre Venancio Vázquez López, o chocolateiro de Sarria, que fixo fortuna en Madrid, asaltoume unha dúbida.

 

 

No meu artigo falaba del , “como un indiano de libro”. 

 

 

Venancio encarnaba todas as virtudes, que un indiano tiña que ter para min.  

 

 

Era unha persoa xenerosa, comprometida coa xustiza social, o progreso e a modernidade.

 

 

Unha combinación perfecta de riqueza material e moral.   

 

 

Os irmáns García Naveira de Betanzos,  ou Francisco Domínguez Mosquera de Carballedo eran unha boa mostra diso.  

 

 

 

A enquisa

 

 

A miña pregunta era a seguinte: habería outras acepcións da palabra indiano?

 

 

Decidín poñerme mans á obra e facer a consulta en Linkedin. Quería averiguar se indiano era unha palabra neutra, o si pola contra, tiña algún tipo de  connotación, positiva ou negativa.

 

 

Finalmente, sabedes que opción gañou?  Pois aquela que consideraba, que a palabra era totalmente neutra. 

 

 

A meirande parte das persoas a quen preguntei, concordaban con que indiano era o termo empregado para referirse sen máis, ás persoas que tiñan emigrado a América e regresado con riquezas. 

 

 

A segunda opción máis votada foi a que asociaba a palabra, con algo positivo.

 

 

Por último, somentes un vinte por cento, considerou que indiano era algo negativo.

 

 

Esta terceira resposta foi a que máis curiosidade xerou en mín.      

 

 

 

 

O indiano, na súa versión menos amable

 

 

Houbo quen falou da novela “Los treinta apellidos” , escrita por Benjamín Prado. Este libro conta das malas artes, coas que moitos indianos, conseguiron a súa fortuna. Indiano podía ser  sinónimo de negreiro ou escravista!

 

 

Pensade por exemplo en Urbano Feijóo de Sotomayor, que a mediados do século  S.XIX, contratou en orixe  varias remesas dos seus paisanos de Ourense, para traballar en condicións de escravitude nas plantacións de sucre en Cuba.        

 

 

Outra persoa compartiu que indiano era para ela, alguén que voltaba rico e renegaba das súas orixes sociais e culturais. Resulta que estes homes podían padecer de aporofobia e converterse en persoas, totalmente desconectadas das súas raíces!

 

 

Rosalía de Castro trata este tema con grande mestría, no conto “El Cadiceño”, que nos devolve a imaxe grotesca de dous homes, que regresan de Cádiz e da Habana, finxindo que teñen trunfado. 

 

 

A autora descríbeos como “enfatuados e ignorantes”, que todo o miran por riba do ombreiro, inspirando ós que os oen, o desprezo pola sua terra. 

 

 

Dos falsos indianos fala Antonio Ferrer nun capítulo dedicado a “El indiano” no diccionario de estampas costumbristas titulado: “Los españoles pintados por sí mismos”, publicado en 1843-1844, cando di que: “A las Indias, como en el reino de los cielos, son muchos los llamados y pocos los escogidos”.  

 

 

O autor deste retrato tipolóxico conta que, non todos os que partían das aldeas de Cantabria, dos concellos de Asturias ou das parroquias de Galicia, voltaban opulentos.

 

 

 

O mapa non é o territorio  

 

 

Como se di en PNL, “o mapa non é o territorio” .

 

 

A miña visión romántica e idealizada do indiano non tiña que coincidir, coa do resto do mundo.

 

 

Acababa de descubrir que había outros indianos.  Todos vestían roupa elegante e gustaban de fumar habanos. Pero, a partir de aí, podía haber moitos matices.    

 

 

 

 

Que é para ti un indiano?  Houbo ganancias económicas na túa familia, por causa da emigración? Algún salto cuántico, na escala social? Sabes de onde viñeron eses cartos?        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!