A MIÑA HISTORIA

O meu nome é Helena. Creo que tiña doce anos, cando transformei o María Elena, que figuraba na miña partida de nacemento nun Elena con H. Elena era un nome novo na familia, que me convidaba a vivir libre de cargas familiares do pasado. Era como se os meus pais, ao darme o nome, dixesen tamén: “Voa, miña prenda, voa!”

Podes albiscar unha bisagra na H de Helena?

SOBRE MI

O meu nome, de orixe grega, quere dicir “aquela que brilla coma unha facha” ou “aquela que arde ou resplandece”. Se o meu nome fose unha cor sería amarelo. Se fose un son sería sol. Se fose unha sensación sería calor. Unha calor que aloumiña e emana directamente do plexo solar. Se fose unha flor, un crisantemo.

Teste preguntado algunha vez que acocha o teu nome?

FOTOS TELEFONO SAMSUNG 1108

Esta é a miña historia. Estudiei Dereito, aínda que o meu interese pola interculturalidade e os idiomas fixo que me encamiñase ao comercio internacional. A miña misión, durante esta etapa, foi axudar e acompañar a persoas que querían explorar novos mercados para crecer.

Hai tres anos, decidín realizar un xiro na miña vida profesional. Un momento bisagra. Dende entón, teño percorrido un longo carreiro no que me formei en Programación Neuro-Lingüística (PNL) e Intelixencia Emocional. No camiño houbo moita xenealoxía, así coma unha toma de contacto con outras disciplinas relacionadas, como psicoxenealoxía e constelacións familiares. Desenvolvín, tamén, a miña habilidade de escoita, formándome como terapeuta biodinámica. A miña misión non ten mudado. Sigo axudando e acompañando a persoas que desexan aventurarse en territorios descoñecidos, para crecer.

Estou preparada para voar. E ti?

FOTOS TELEFONO SAMSUNG 1075