Acompañamento

Esta opción convídache a ir un pouco máis aló e a experimentar. o enorme poder transformador da xenealoxía.

 

Esta é unha viaxe que require coraxe e valor, apto só para persoas con espírito aventureiro.

 

Agora que xa viches quen é quen, quizais chegase o momento de saber, que teñen que ver todas esas persoas contigo.

 

Observaremos o mapa familiar dun modo diferente, prestando atención ás exclusións, segredos, perdas ou repeticións. Tamén ás posibles identificacións. Convidareiche a pasear por esa casa que habitan os teus antepasados e a abrir as portas prohibidas.

 

O meu papel será estar ao teu lado, en todo momento. O teu será decidir que estancias da túa casa desexas visitar, onde queres dirixir a túa mirada e durante canto tempo. Tamén darlle un sentido a iso que sentes e observas.

 

Lembra que só ti podes comprender e cambiar a túa historia.

 

O obxectivo é que tomes todo aquilo que che nutre e sostén e soltes  o que che sobra.

 

Cando termine, estou segura de que atoparías o camiño, e poderás responder por fin onde vas.

Acompáñote?
Don`t copy text!