Fotografías de emigración. Galicia

FOTOGRAFÍAS E EMIGRACIÓN. TRUCOS PARA SALVAR DISTANCIAS

 

Acabo de recibir a noticia de que o confinamento por esta epidemia durará, dúas semanas máis. Iso significa que teremos que aprazar o tempo dos abrazos.

 

 

Disto sabían bastante, as persoas que emigraron a América, na primeira metade do S.XX. Daquela, as viaxes eran en barco e a comunicación por carta. Ás veces dentro destas cartas ían fotos como esta, dunha familia da Terra Chá, en Lugo.

 

 

 

 

 

 

Foto:  Familia. Piñeiro-Santaballa. c.a. 1910. Fototeca IESCHA      

 

 

 

Se ollades con atención, poderedes ver como a muller e un dos pequenos sosteñen, entre as súas máns os retratos, dos que están alén do mar. A foto é dunha familia da parroquia de Santaballa, en Vilalba, na provincia de Lugo. Os retratos, probablemente de persoas emigradas en Cuba.

 

 

Daquela os fluxos migratorios á illa dende esta parroquia do concello de Vilalba eran abundantes. E como sabedes, uns chamaron polos outros, ata crear comunidade.  Tamén foi abundante, o fluxo de cartos chegados daló, para fundar varias “escolas de indianos”, nesta e noutras parroquias. 

 

 

 

 

indiano,  indiana

 

“Persoa que marchou como emigrante a América, e volve rico”

 

 

Real Academia Galega

 

 

 

 

De feito, unha desas escolas fundada pola “Liga Santaballesa” é hoxe un pequeño Museo da Emigración, integrado na Rede da Sociedad Española para el Estudio del Patrimonio Histórico-Educativo .

 

 

Se o queredes visitar, teredes que agardar a que se levante o estado de alarma. Namentres, invítovos a que busquedes nas vosas casas, esas cartas que chegaban de lonxe ou esas fotos feitas en estudo, para mostrar a familia que todo estaba ben.

 

 

Lembro agora, que na casa da miña tía avoa, había unha foto de familia na que a silueta recortada do meu avó, vestido de branco impoluto nun estudio de La Habana, estaba literalmente pegada. Por arte de maxia, o meu avó fora teletransportado, dende La Habana a Castro Caldelas. Era o photoshop, deses tempos.    

 

 

 

Conservas cartas, fotos ou documentos, das persoas da túa familia, que emigraron? Que contan estos documentos? Falan de historias de éxito ou de fracaso? Que sabes da túa intrahistoria familiar?  

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.