PREMIOS SON MULLER. UN MOMENTO INESQUECIBLE

 

O 11/12 é para min unha data moi especial. Coincide co aniversario do nacemento do meu irmán descoñecido e tamén ca data en que Bisagras de Papel viu por primeira vez a luz, en redes sociais.

 

Logo viría o blog, a creación da web e a miña alta como emprendedora, seis meses máis tarde. Dalgunha maneira teño dous aniversarios 11/12 e 9/6. Esta segunda data   non foi para nada buscada, senón que viu dada polo momento persoal e familiar, que estaba atravesando.  

 

Un 11/12 foi tamén o día en que se fallaron os Premios Son Muller, convocados pola Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo. Dous días máis tarde, no evento de entrega que tivo lugar no Vello Cárcere de Lugo, recibín con sorpresa o primeiro premio, na categoría de emprendedora.

 

 

 

 

Non podedes imaxinar a emoción do momento. Cando o recollín estaba tan nerviosa, que non fun quen de dicilo…

 

Así que agora aproveito para dar as grazas a dous Carlos: o meu irmán descoñecido e o meu pai, que sinto moi cerca, a pesar de que xa non están. Tamén dou as grazas a Maite, a miña nai, ás avoas Casilda e Julia, ás bisavoas Elvira, Luisa, Antonia e Crisanta e tamén ás tataravoas. Un enorme grazas a todas as mulleres da miña familia de sangue e corazón, que me inspiran e sosteñen, no meu camiñar pola vida. E grazas, tamén, a todas as mulleres que coñezo cada día, nas miñas investigacións. Non vos podedes facer unha idea, da súa bravura e afouteza. E por último, ás mulleres que penaron polas súas ideas no Vello Cárcere de Lugo.  Dalgunha maneira podía sentir, que estaban alí, a axexar a través da celosía e desfrutar do noso momento de festa e celebración.

 

 

 

 

 

 

 

 

Foi especial compartir momento coas gañadoras. E moi bonito, coñecer a Esther Teijeiro, unha muller visionaria para o mundo do  viticultura ecolóxica en Galicia. Dalgunha maneira, tela ó meu lado foi como estar coa miña avoa Julia, cos seus olliños achinados e tamén sabedora, do que era andar polos bancais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Eu pola miña parte, seguirei contando pequenas historias de mulleres anónimas. Son feliz por ser xineloxista!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.