genealogía primo de banksy

XENEALOXÍA. A ARTE DE HARMONIZAR ESPAZOS

Hai  unhas semanas que tropecei con este mural do grafiteiro lucense, que asina co nome de Primo de Banksy. Amosa un Tarzán urbano e desbravado, que varre disposto, na porta da súa casa.

 

 

Cando observo a este home atrapado neste curruncho selvático da cidade, fantaseo coa idea de convencelo, para que forme parte do meu equipo.  

 

 

A xenealoxía ten moito de entrar en espazos esquecidos da nosa memoria persoal e familiar, para poñer un pouco de limpeza e orde.

 

 

Imaxina, por un momento que a túa memoria familiar é unha casa que permaneceu pechada,  durante moito tempo. Invítoche agora a que pasees por todos os cuartos, os máis acolledores e tamén os máis fríos e húmidos. A reconocelas como túas e aceptalas en definitiva, como parte de ti.

 

 

 

 
 
“O  “descenso ós infernos” é  unha viaxe hacia as partes de nós mesmos que están separadas, repudiadas, que son descoñecidas, non desexadas, proscritas e exiladas nos diferentes mundos subterráneos da conciencia… O obxectivo desta viaxe é reunirnos con nós mesmos. Esa volta a casa pode ser sorprendentemente dolorosa, incluso brutal. Para realizarla, primeiro temos que aceptar non exilar nada”.
 
Stephen Cope

 

 
 

 

Esa viaxe de volta a casa, permitirache entrar en contacto, non só coas sombras, senón tamén coas luces da túa historia familiar. Lembra, que non todo é inferno na xenealoxía! Tamén hai sorpresas agradables!   

 

 

A xenealoxía é para min un bonito proceso de limpar, fermosear e sufumigar o teu mundo íntimo, persoal e colectivo.  E tamén de abrir portas e ventás, para que entre la luz!

 

 

Dalgunha maneira, axúdoche e acompáñoche no proceso de armonizar o espazo, onde vives. Sé por un tempo ese Tarzán, que varre e coida a súa casiña, en “presenza”.            

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!