ESCUCHA TU HISTORIA

XENEALOXÍA. A ARTE DA ESCOITA CONSCIENTE

Observade con atención esta fotografía. Este retrato do compositor lucense Arturo Vaquero, que colga suspendido do teito das oficinas municipais da miña cidade, tenme engaiolada.

 

 

O retrato forma parte dunha serie realizada polo fotógrafo Xosé Reigosa no 2010, no marco da exposición “A Muralla Cohabitada” , comisariada por Luz Darriba.

 

 

Quizá vos preguntedes que ten que ver esta fotografía coa xenealoxía.

 

 

Ó meu parecer, toda investigación xenealóxica debe ir acompañada dunha observación atenta do que foi.  E tamén dun chisquiño de escoita. 

 

 

Que haberá de verdade en todas esas historias, que se contan na familia? Son reais ou teñen sido cambiadas, intencionadamente para adaptarse á persoa que escoita?  A miña experiencia dime que as historias de familia son dalgún xeito, como o xogo do teléfono escangallado.  Son contos que van mudando, a medida que circulan de bico en bico. 

 

 

Os relatos que chegan ós nosos ouvidos son moitas veces o froito de cambios voluntarios ou involuntarios, que omiten, adornan e embelecen.  

 

 

Os cambios voluntarios están ás veces relacionados co desexo de branquear ou dulcificar unha historia escura e dolorosa, de máis.  Isto pode incluír silencios ou omisións, pero tamén eufemismos. Outras veces, eses cambios parece que queren  engrandecer a historia. Neste caso, as historias están cheíñas de esaxeracións, que convirten a algunhas persoas en heroes e a outras en viláns o vilanas. Por último, están ás vaguidades que teñen que ver co esquecemento real.   

 

 

O resultado é unha historia que, como acontece cos contos de tradición oral, pode ter centos de versións. Cal delas  será a boa?  

 

 

A xenealoxía é unha invitación aberta a escoitar a nosa historia de familia , con novos oídos. Sería unha experiencia auditiva , acompañada de ollada, presencia e corazón.

 

 

A investigación xenealóxica axuda a redescubrir información que estaba agochada, a rebaixar a heroicidade ou a ruindade  dos personaxes e a contextualizar. 

 

 

En definitiva, permite que rocemos case coas puntas dos nosos dediños, a versión orixinal e xenuina de historias transmitidas, de xeración a xeración. 

 

 

 

Estás por fin preparado ou preparada para unha escoita consciente do que realmente foi? Estás disposto ou  disposta a deixarte sorprender pola túa historia?

Tags:

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!