XENEALOXÍA. INVENCIÓN OU REALIDADE?

Creo que foi en marzo. Si…  Foi entón, cando comecei a acariñar a posibilidade de dedicarme á xenealoxía. De súpeto, ocorreu algo que eu interpretei coma unha sinal.

 

 

Download-livro-O-Vendedor-de-Passados-Jose-Eduardo-Agualusa-em-Epub-mobi-e-PDF1

 

 

 

O meu profesor de portugués propuxo a lectura dunha novela do autor angolano José Eduardo  Agualusa, titulada “O inventor de pasados”. O feito de que o protagonista da novela fose un xenealoxista profesional, pareceume unha fermosa casualidade. A historia desenvólvese na Angola poscolonial. Xa rematada a guerra, o país prepárase para unha nova etapa. As novas elites, cobizosas dun pasado ilustre, demandan os servizos de xenealoxistas profesionais. Así é como Felix Ventura, que así se chama o noso xenealoxista, enxeña pasados novos. Debuxa árbores xenealóxicas. E incluso, ofrece como servizo complementario fotografías de avós, bisavós e doutros devanceiros. Todo inventado.

 

 

Na súa tarxeta de visita, pódese ler o lema:

 

“Garanta ós seus fillos un pasado mellor” 

 

 

A miña intención coma xenealoxista non é ofrecer un pasado inventado. Traballo desde a seriedade e a profesionalidade, así que non invento nin falsifico documentos.  Así a todo, pregúntome: que hai de realidade nunha historia de vida contada en base a documentos e testemuñas?  Os documentos poden mentir. De feito fanno moitas veces. As testemuñas poden ser nesgadas. Ese familiar tan bo, pode ser un diaño para outros.   En definitiva, a xenealoxía é unha ciencia inexacta. Admite múltiples lecturas e interpretacións, que dependerán da nosa ollada.

 

 

 

Como di o poema de Campoamor:

 

“En este mundo traidor,

nada es verdad ni mentira

todo es según el color

del cristal con que se mira”

 

 

E ti, que buscas na xenealoxía? Que te gustaría atopar na historia dos teus antepasados? E que é o que non quererías topar?

1Comentario

  • Maica

    22.12.2015 at 12:23 Responder

    Mucho ánimo y suerte con esta construcción del pasado y del presente,
    que harán un futuro, a lo mejor, diferente.

Deixa un Comentario

*