XENEALOXÍA. UNHA OPORTUNIDADE PARA REVISAR VELLOS PROGRAMAS

Fai meses que tento descubrir cal é o sistema de crenzas da miña familia, en relación coa  abundancia, o diñeiro e o éxito. En concreto, busco pistas para relacionarme de unha forma sa co diñeiro. Coma parte do exercicio, esforceime en atopar cancións que falasen do vil metal dun xeito positivo. Finalmente, teño descuberto que habelas hainas. E  que me gustan.

 

 

Que experiencias dos meus antepasados poden ter influído nesa crenza tan arraigada no meu sistema de que o diñeiro é mao? É evidente, que a Biblia abonda en citas que cuestionan o culto ó diñeiro. E, gústeme ou non me guste, a Biblia é parte da miña cultura. 

 

 

“A cultura é unha programación mental”

 

 Geert Hofstede

 

 

A cultura é unha especie de software mental conformado por centos de regras non escritas.Un 80 % deses programas adquírense durante os primeiros oito anos de vida. Este proceso de enculturación comeza na familia, para abrirse posteriormente ó resto da comunidade. E así como, eses códigos son transmitidos sutilmente, xeración tras xeración, ata que quizás chegue alguén que cuestione a súa categoría de verdade absoluta. Pode que unha crenza teña sido útil, nalgún momento, para garantir a supervivencia do clan. Tamén pode ocorrer que esa crenza deixe de ser útil. Quizais, alguén decida que chegou o tempo de cambiala.

 

 

Por qué no confiar en nós mesmos?   Por qué non crear o noso sistema propio de crenzas?

 

 

Moitas veces, a ausencia de confianza impide que creemos o noso propio sistema de crenzas. E isto é así, porque aínda vivindo en sociedades modernas, persisten vellos patróns que nos empurran a non cuestionar a orde establecida. O respecto ás xerarquías está moi arraigado na nosa sociedade.Os cambios que trouxeron a Transición, non teñen mudado o alto índice de distancia co poder , presente na nosa cultura. Quizais os tempos son chegados para revisar esas crenzas e mudar en seres adultos.

 

 

Queres revisar o teu sistema de crenzas? Queres aprender a voar?

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!