GERDA TARO E O GAITEIRO MISTERIOSO

 

 

Agora que ventamos, que o noso confinamento durará máis do esperado, pode ser un bo momento para perdirvos axuda. Ten que ver con algo me pasa , sempre que observo fotos antigas de persoas anónimas.

 

 

Pregúntome que pasaría se descubrise a alguén da miña familia, nalgunha das fotografías tomadas por grandes como Ruth Matilda Anderson, Cristina García Rodero ou Anna Turbau. Imaxina agora, por exemplo, que o gaiteiro ou o acordeonista da foto que ilustra este artigo, é o teu tío avó. 

 

 

Hai uns meses, cando traballaba para unha clienta, topei unha imaxe que me engailou… Os protagonistas eran os mariñeiros do mítico acoirazado Jaime I:  un barco que permaneceu leal á República, ata o seu afundimento. 

 

 

O seu avó tiña sido parte da tripulación deste buque, así que fantaseamos coa idea de que quizáis estivese alí , á beiriña do “gaiteiro”, cunhas cunchas ou calquer elemento de percusión improvisado.   ¡Ao fin, seguro que eran paisanos!   

 

 

A fotografía foi tomada en Almería, en febreiro de 1937, probablemente pouco despois de caer Málaga. Asusta a despreocupación e ledicia destes soldados, impúdicamente novos para morrer. Gustaríame poñerlle son a esta imaxe, para poder escoitar a gaita, o acordeón e as palmas ó compás, a modo de flamenco fusión.

 

 

 

 

GERDA TARO, MÚSICOS JAIME I

 

Mariñeiros a bordo do Jaime I.

Almería. 1937. Gerda Taro

 

 

 

Uns meses máis tarde, en 17 de xuño de 1937, cando o barco estaba fondeado en Cartagena e sendo reparado, voou polos aires. 

 

 

A explosión do Jaime I foi un suceso misterioso, do que se descoñecen as causas.  Morreron máis de 300 persoas, entre militares e obreiros civís, que traballaban no barco. Que foi  do mariñeiro, que tocaba  a gaita?  Morrería na explosión e  “Lonxe da terriña”, como dicía o poema musicado por Juan Montes?

 

 

Imos agora, coa persoa que disparou a cámara. Foi Gerda Taro, unha das pioneiras do fotoperiodismo de guerra e creadora do seudónimo Robert Capa. Este seudónimo utilizouno tamén a súa parella, André Friedman, ata o punto que durante moitos anos houbo confusión, sobre a autoría das fotos que fixeron, el e ela.

 

 

O que sí é seguro, é que os dous viaxaron á fronte de guerra republicana, para deixar testimonio, do que alí estaba a pasar.

 

 

GERDA TARO

 

Gerda Taro. 1937

 

 

A morte sorprendeu a Gerda, en xullo de 1937. Conta a historia, que foi atropelada accidentalmente, por un tanque republicano, cando cubría a batalla de Brunete. Tiña somentes vinteseis anos.

 

 

O avó da miña clienta, sen embargo, sobreviviu á explosión do buque acoirazado e á guerra. Aínda que ao pouco,  soupo que en realidade, aínda non rematara e viviu sinalado o resto da súa vida, pola súa condición de “rojo”.

 

 

Sería bonito saber si Lalo, que así se chamaba, se reencontrou alguhna vez, co misterioso “gaiteiro” de nome descoñecido, para lembrar eses tempos, de cando eran mozos . Quero pensar que, na súa conversa houbo espazo tamén para lembrala a ela. A rapaza da Leica.       

 

 

 

 

Book Trailer. "La chica de la Laica"
Helena Janezcek. Ed. Tusquets

 

 

 

Imos agora, con iso da axuda. Seguro que os protagonistas da foto, recordaban á fotógrafa, a inmortalizar o momento. Pero, quizais nunca tiveron a oportunidade de velo resultado do seu acto.  A tecnoloxía de entón, non  estaba preparada para iso.

 

 

Así que vos pido que compartades este post. Quizáis así, podamos darlle unha agradable sorpresa, á familia do misterioso home que tocaba a gaita. Ou do acordeonista ou das persoas, que tocan palmas. ¡Sería bonito!     

 

 

Que sabes da intrahistoria da túa familia? Houbo persoas, que estiveron na fronte? Algunha que morrese nel? Os que sobreviviron, que historias contaban da súa experiencia? 

 

 

 

 

 

      

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.