Napoleón y los gatos

GULLADE, HISTORIA DUN SAQUEO. NAPOLEÓN MALAPARTE

 

Este mes de febreiro ten sido especialmente frutífero, para as miñas investigacións familiares.  Despois de anos de espera, finalmente fun quen de consultar os libros parroquiais de Santa María de Castro Caldelas , que o párroco transferiu, recentemente , ó Arquivo Diocesano de Ourense.

 

A primeira sorpresa para min, foi que o meu bisavó Andrés, non era de Castro Caldelas, «de toda a vida».  As súas orixes están en Montederramo (Ourense) e en varias parroquias da provincia de Lugo.

 

A segunda veu ó día seguinte, cando de volta en Lugo, decidín escaravellar nos libros dunha desas parroquias, que pertence ó concello de Monforte de Lemos.

 

Resulta que,  o avó e a avoa materna do meu bisavó Andrés , eran orfos de guerra! De súpeto, Napoleón, ese home cativeiro, manicho e con fobia ós gatos era unha persoa bisagra, na miña historia familiar.

 

 

 

Como di o noso refraneiro:

 

«Home pequeno, fol de veneno»  

 

 

 

Évos ben certo, que sabía de Napoleón, dende moi nena. Podía lembrar perfeitamente a imaxe do estratega, no paso dos Alpes, ó lombo dun cabalo xigante ou a estatua de Napoleón, dunha praza do seu Ajaccio natal, en Córcega . Tamén había un capítulo dedicado a el, nun dos meus libros de cabeceira, o mítico: «Heroes en zapatillas».

 

 

 

 

 

"Héroes en zapatillas"  


Pisani-Gavioli 

 

 

                        

Pese a todo, nunca maxinara que a megalomanía deste home, tería impacto real na miña familia. Nos libros de Historia daquel tempo, non había espazo, para as pequenas historias.

 

 

Cantas veces tiña contemplado enfeitizada, a imaxe das execucións do dous de maio en Madrid, pintadas por Goya!  Pero, que tiña que ver isto comigo?     

 

 

Aparentemente nada… Ata que nos libros de defuntos de San Acisclo de Gullade e Nocedas, topei unha relación dos degolados polo inimigo, no 20 de abril de 1809. Nestas parroquias foron asasinadas , vinte persoas en total, que en moitos casos deixaron fillos e fillas.  E dous deles, Angel Fernández e Andrés Villaver, eran os pais do meu trastaravó e trastaravoa! A muller do primeiro morreu tres meses máis tarde, quen sabe, si a consecuencia do saqueo. 

 

 

Este achado impactoume, non só polo que conta, senón tamén polo que cala. É evidente, que o señor cura que tomou nota das defuncións, non quixo mencionar «a violencia sexual dos dragóns franceses contra as mulleres», para non estigmatizalas.   

 

 

Sexa como for, estas vinte vítimas, só representan unha pequena parte do total das contabilizadas, neses mesmos días en Monforte de Lemos.  Disque o número de mortes de persoas civís, foi de alomentos mil.  

 

 

 

Lista de degollados por el enemigo, en 20 de abril de 1809.

 

 

Gullade Manuel Rodríguez, casado con Isabel Rodríguez, quien dejó dos hijos llamados, Manuel y Juan.

 

Gullade Angel Fernández, casado con Rosa Rodríguez, por quien dejó tres hijos, que son Esteban, Josefa y María.

 

Gullade Fernando Díaz, casado con María Antas, por quien dejó dos hijos, Joaquín y Francisco.

 

Gullade Polonia Pérez, soltera, hija de Eustaquio Pérez e Isabel Díaz

 

Gullade Francisco Rodriguez, casado con Josefa Fernández. Dejó seis hijos, Francisco, Salvador, Bernardo, Manuela, Rita y Dominga.

 

Gullade José Gomez, célibe, hijo de Luis Gomez y Angela Rodriguez

 

Nocedas Pedro Fernández, casado con Bárbara Rodríguez, que deja ocho hijos: Pedro, María, Teresa, Manuela, Rosa, Josefa, Antonia e Inés.

 

Nocedas Francisco Fernández, casado con Tomasa Vázquez, con tres hijas, Justa, Rosa y Antonia.

 

Nocedas Pedro Fernandez, casado con Barbara Rodriguez. Dejó ocho hijos, Pedro, María, Teresa, Manuela, Rosa, Josefa, Antonia e Inés.

 

Nocedas Francisco Fernández, casado con Tomasa Vázquez. Tuvo tres hijas, Justa, Rosa y Antonia.

 

Nocedas Tomás Sánchez, casado con María Pérez. Dejó cuatro hijos, Manuel, Tomás, María y Domingo.

 

Nocedas Domingo, hijo de Esteban Rodríguez e Isabel de Los Ángeles.

 

Nocedas José Rodríguez, quien estuvo casado con María Vázquez, por quien dejó dos hijos, que son Rafael y Vicente.

 

Gullade Andres Villaver casado con Isabel Díaz. Tuvo cinco hijos: Manuel, Marcos, Pedro, María y Manuela.

 

Noceda Salvador Sánchez, quien estuvo casado con Juan Rodríguez. Dejó seis hijos: Antonio, Manuel, Joaquín, María, Isabel y Joaquina.

 

Noceda Manuel Fouce, que estaba casado con Tomasa Vázquez, quien dejó seis hijos, a saber, Ramón, Francisco, Josefa, Luisa, Juan y María.

 

Noceda Vicente Vázquez, quien estuvo casado con Juana de Tuiriz. Dejó un hijo llamado Vicente

 

Noceda Rosa Rodríguez, quien estuvo casada con Ignacio Rodríguez. Dejó dos hijos, llamados Ignacio y Salvador.

 

Noceda José González del Val, quien estuvo casado con Rosa Rodríguez. Tuvo dos hijas, llamadas Rosa y Antonia.

 

Gullade Manuel Vázquez, célibe, hijo de Manuel Vázquez y María Dieguez

 

 

 

Fonte: Libro de defuntos de Gullade e Nocedas (1692-1852).

 

Arquivo Diocesano de Lugo

 

 

 

Instintivamente, sentín o impulso de aloumiñar ós meus trastaravós, Pedro e Josefa. Pregúntome, se algunha vez , pudieron poñer palabras, a tanta dor e confusión.  Quizáis esta dor, quedou conxelada na familia, para sempre. E só se manifestou, varias xeracións máis tarde, a través da miña nai. Lembrades a loita diaria, que cando era nena, tiña co can con nome de mariscal francés, que lle «roubaba»  a merenda?  Quizáis, era só  a expresión dun medo antigo.

 

 

 

« O corpo ten memoria!

 

O corpo é herdeiro dunha historia,

 

dunha educación, dunha familia,

 

de esquemas complexos, inscritos durante xeracións. » 

 

Marie-Claude Pietrogalla.  Bailarina e coreógrafa

  

 

 

 

Agora xa sei porque, esta parte da familia foi sempre, máis de gatos que de cans. Así a todo, os gatos son unha especie de arma segreda anti-Napoleón, algo así como a nosa » Kryptonita».      

 

 

Que sabes da intrahistoria da túa familia? Houbo na túa familia episodios dramáticos, que aínda se lembran? O será que foron borrados para sempre, da memoria? Deixaría Napoleón, algunha pegada na túa historia?

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!