HERDANZAS. CANDO HERDAR NON ESTÁ TAN BEN
Hai dúas semanas, descubrín con alegría, que a linguaxe da sicoxenealoxía tiña chegado á publicidade. Pregúntome se serán os efectos colaterais de Coco, a última producción de Pixar. Ou se haberá chegado por fin, o momento de celebrar, que o transxeracional está de moda e que eu mesma, son tendencia.
O punto de partida da última campaña de publicidade da empresa de enerxía EDP é que: “ Herdar , ás veces, non está ben”. Que podemos facer coas cargas familiares que herdamos? Habemos tomar todo, sen importar que? Ata que punto, nos condiciona a nosa herdanza familiar?
“Desde entón, pregúntome sempre cales son as invisibles relación invisibles, que están a condicionar a nosa vida e que fios as unen”
W.G. Sebald
No aspecto puramente material, seica a crise económica en España, ten disparado o número de persoas, que renuncian ás herdanzas, para non ter que facer fronte ás débedas do causante ou á elevada carga fiscal.
Así que, por que non aplicar este cambio de paradigma a outros aspectos das herdanzas, non tan visibles? O primeiro paso é tomar conciencia do peso que o legado familiar, ten nas nosas vidas. Pode ser unha crenza, que se perpetúa xeración tras xeración, un segredo “encriptado” ou simplemente un mandato familiar. Esta toma de conciencia axudaranos a dar o seguinte paso: cuestionar a validez desa crenza, entrar na cripta e recoñecer cunha ollada compasiva e sen xuízo o que foi, a pesares da dor ou vergoña ou asumir que ese mandado familiar, que facemos por propio, non parte de nós. O último paso é iniciar o noso camiño, o da individu-acción.
“A vida está chea de herdanzas. É o tempo de tomar decisións: as túas”
Campaña publicitaria EDP
¿Estás preparada ou preparado para iniciar o teu propio camino, libre de cargas e condicionantes familiares? ¿Imaxinas como sería iso de elixir a enerxía que queres ser? ¿Queres que che acompañe neste maravilloso proceso?
Non hai comentarios