HISTORIAS ANÓNIMAS. A MORTE DUNHA CRIADA

 

Hai uns días, mentras escaravellaba nos libros parroquiais de San Pedro de Ribas Altas, din cunha anotación que non levaba nome ou apelidos. O cura escribira simplemente “nena afogada”.

 

 

 

 

“El día siete de junio de mil ochocientos cincuenta y uno, se dio sepultura eclesiástica en el cementerio de esta parroquia de San Pedro de Ribas Altas, al cadáver de una niña que se halló ahogada en el río y se mandó sacar por orden de la justicia de Monforte , quien la reconoció y mandó darle sepultura, que al parecer tendría doce años, poco más o menos. Se ignoran su nombre, padres y naturaleza, sólo se dice que había venido a servir a la casa de Pedro Rodriguez Pequeno, vecino de la mencionada parroquia, y que desgraciadamente en el mismo día se ahogó. Y para que conste, por lo que pueda importar, en dicho día, mes y año”. D. Ramón Fernández Barbeito. Libro de Defuntos de San Pedro de Ribas Altas (1776-1882). Arquivo Diocesano de Lugo

 

 

 

 

A súa protagonista era unha rapaciña anónima, que acababa de chegar a Ribas Altas para servir e que afogara no río Cabe, ese mesmo día. A partida de defunción era unha crónica de reminiscencias “dickensianas” que falaba dun tempo en que o traballo infantil era a norma. Mentras lía,  invadiume unha sensación de fondo desasosego por todas esas nenas, desprotexidas e entregadas polas súas familias, a idades tan tempranas. Sinto mágoa por esa pequena Ofelia, que afogou no río en estrañas circunstancias, lonxe da súa casa.

 

 

 

     

 

 

 

 

Ophelia, John Everett Millais (1852)

 

 

 

Que sabes da intrahistoria das mulleres da túa familia? Houbo nenas entregadas a outras familias, por necesidade? Houbo mulleres que traballaron como criadas? Que sabes das súas experiencias? De que viviron as túas antepasadas?

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Suscríbete
Se desexas ter noticias nosas por correo electrónico...