INVESTIGACIÓN XENEALÓXICA

Un dos meus papeis é procurar documentos, que permitan botar un pouco de luz sobre a túa historia. Os xenealoxistas do século XXI vivimos de a cabalo entre dous mundos. Temos a fortuna de gozar das vantaxes da sociedade dixitalizada, e podemos traballar dun xeito doado desde a casa cun computador e boa conexión a Internet. Moitas veces, temos que desprazarnos fisicamente aos arquivos e transformarnos en estrañas criaturas que traballamos entre papeis, libros vellos e cartapacios, sentados en cadeiras máis o menos confortables, de arquivos máis ou menos profesionais, con horarios variados.

Queres investigar sobre a intrahistoria dos teus devanceiros, procedentes de Galicia?

 

Quizais queiras saber que vivo en Lugo. Por iso, podo desprazarme con relativa facilidade a arquivos de toda Galicia. Tamén a Astorga e Oviedo, porque nos seus Arquivos Diocesanos pódese atopar documentación, relacionada con persoas naturais ou veciñas dalgunhas parroquias de Ourense e Lugo.

A pescuda xenealóxica esixe tempo e grandes doses de paciencia.

 

Unha vez finalizada a investigación, terás un informe con todas as xestións realizadas. Proporcionareiche os certificados e documentos obtidos en papel, así como os documentos dixitais. Por último, facilitareiche un arquivo GEDCOM para a súa posterior edición ou ampliación, con calquera software especializado en xenealoxía do mercado.