MUSICA REDENTORA. JAMES RHODES

JAMES RHODES. O PODER REDENTOR DA MÚSICA

 

 

Descubrín a James Rhodes, cando o meu pai se despedía deste mundo definitivamente, hai catro anos. Nos tempos mortos, que transcorrían entre idas e vindas do hospital, devoraba “Instrumental”.

 

“Instrumental. Memorias de música, medicina y locura” é un relato descarnado e crú sobre a historia dun neno, violado durante catro longos anos, polo seu profesor de boxeo. E tamén, unha historia de como entre toda esa desolación, soidade e vulnerabilidade, este pequeño topa un acubillo na música. Logo virán o consumo de drogas, as tentativas de suicidio e repetidos ingresos en psiquiátricos.

 

 

 

MUSICA REDENTORA. JAMES RHODES

 

“Instrumental”. James Rhodes. Ed. Blackie Books 

 

 

 

 

O resto da historia xa a sabedes. James Rhodes é ese home, que namorou de Madrid, e que cada día comparte dende a súa casa, unha peza de piano tocada por él, para que poidamos sentirnos un pouco mellor.   

 

 

 

É ademáis un activista, que loita sen tregua, por  unha lexislación que persiga os delitos de abuso de menores, dunha forma efectiva. Non debeu ser doado para el, publicar este libro. Xa sabedes que os abusos sexuais na infancia son un deses segredos inconfesables. Moitas  veces ocorre que a propia memoria das vítimas blíndase, nun exercicio de autoprotección. Ata que, de súpeto, salta algún resorte, que permite lembralo, verbalizalo e compartilo. Iso foi o que fixo James Rhodes. Por el e tamén por tódolos pequenos e pequenas, que son e foron abusados e abusadas, a cotío.     

 

 

 

 

 

 

” Se atribuimos ós traumas, o carácter de fetiche incomunicable, os supervivintes quedan atrapados, non se lles permite sentir, que son recoñecidos”.

 

 

 Phil Klay. Veterano do Corpo de Marines dos Estados Unidos.

 

 

 

 

Como pianista, revolucionou o mundo da música clásica. Se tendes a oportunidade de asistir a algún dos seus concertos ou de ler algún dos seus libros, poderedes observar que conta á audiencia, a historia que hay detrás de cadunha das pezas que interpreta ou detrás de cadaún dos compositores. A min, persoalmente fascíname, o seu interese pola intrahistoria da música.  

 

 

 

Naqueles días tristes nos que o meu pai morría , escoitaba “A Chacona” de Bach, sen parar. Sabía, que era a peza que salvara a vida de James Rhodes,  grazas ó achado casual dunha casete, coa gravación da versión para piano, interpretada por Ferrucio Besuni. 

 

 

 

 

 

 

Tamén sabía que esta composición musical era un lamento de Bach, pola morte da súa muller, ocorrido en 1720, cando el estaba fóra.  Escoitala, permitíame conectar coa dor, como un sentimento universal, que non só estaba dentro de min. Estaba en Bach cando choraba a morte da súa dona, en James neno cando choraba o seu medo, confusión e vergoña e tamén en min, nese preciso. E a música estaba aí, para amosalo.      

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!