A CURTA VIDA DOS ANTEPASADOS E A PSICOLOXÍA DO TEMPO

A loita pola supervivencia colócanos irremediabelmente no presente. Os nosos antepasados eran expertos en mindfulness e coñecedores do principio de dualidade.  A súa vida guiábase polos ritmos das estacións. Non había espazo para a nostalxia ou  para a procastrinación. O tempo apremaba, conta Wislawa Szymborska neste poema. A vida era curta, como un movemento de ás de bolboreta.  

 

 

Qi Baishi

 Qi Baishi. Mariposa e pexegueiro. 1935

 

 

A CURTA VIDA DOS NOSOS ANTEPASADOS    

 

 

POUCOS CHEGABAN ATA OS TRINTA.

A vellez era un privilexio das pedras e árbores.

A infancia duraba tanto como a nenez dun cachorro de lobo.

Cumpría apresurarse, chegar a tempo á vida

antes do solpor,

antes de que as primeiras neves caesen.  

 

Con trece anos nais con nenos,

con catro anos cazadores de niños de paxaros entre os xuncos,

con vinte anos xefes de cazadores

-apenas eles non existían, eles xa non existen.

Os extremos da infinidade uníanse de présa.

As meigas mastigaban feitizos

aínda con todos os dentes da mocidade.

Baixo a mirada do pai, o fillo facíase home.

Baixo as cuncas dos ollos do avó, o neto nacía.

 

E ademais, non contaban os anos.

Contaban redes, tarteiras, casopas, machadas.

 

O tempo, tan xeneroso, para calquera estrela do ceo,

tendíalles  unha man case baleira

e retirábaa rápidamente, coma se fose para el un prexuízo.

Un paso máis, dous máis,

ao longo do relucente río

que da escuridade emerxe e na escuridade desaparece.

Non había un intre que perder,

nin cuestións que aprazar nin revelacións tardías

en canto non foran sentidas a tempo.  

A sabedoría non podía agardar polos cabelos canos.

Tiña que ver con claridade antes de que saíra o sol

e escoitar cada voz antes de que soara.

 

 

O ben e o mal:

-sabían sobre iso  pouco, mais todo;

cando o mal triunfa, o ben ocúltase;

se o ben se manifesta, o mal agarda agochado.

Un e outro son insuperables

nin para afastarse a una distancia sen retorno.

Por iso, a ledicia con inquietude engadida,

a desesperación, nunca sen unha esperanza silenciosa.

 

A vida,  aínda que longa, sempre será curta.

Demasiado curta para a isto engadir algo

 

Wislawa Szymborska. (1923-2012)

 

Tes pensado algunha vez, como era a vida dos teus antepasados? Sabes que  principios e valores gobernaron a existencia dos teus bisavós e tataravós? Sabes con qué soñaban o se tiñan tempo para facelo?

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.