
Conta a historia, que cando as tropas napoleónicas retiráronse definitivamente de Galicia, en xuño de 1809, prenderon lume e arrasaron moitos dos lugares, polos que pasaban. Era unha retirada, adobiada de vinganza e rabia, polas baixas sufridas a mans das partidas guerrilleiras, organizadas a modo de resistencia, para loitar contra o invasor. Un dos lugares que foi albo da ira dos franceses, foi Castro Caldelas, o pobo natal da miña nai.
Por qué falo disto? Pois, porque para miña sorpresa, nunha desas noites, nas que a miña nai contaba contos de cando era nena, fun quen de corroborar algo do que xa tiña ouvido falar, moitas veces. E ese algo, era que a pegada da invasión napoleónica en Galicia, tiña nome de can.
“Cando Ney e Soult se retiren por completo de Galicia, en xuño de 1809, os gallegos prácticamente esquécense da guerra…
Todo o que quedou daquel sorprendente episodio, que precedeu a Bailén y Borodino, foi un curioso atavismo: Nei e Sul (Ney e Soult), seguen a ser dous dos nomes de can, máis correntes no campo galego”
Miguel Anxo Murado. “Otra idea de Galicia”. Ed. Debate. 2008
Nei era o nome do can, que todos os días axexaba á miña nai , para lle arrebatar a merenda, que atesouraba nas súas mans. O can era de dimensións colosais e seguro que tan fero, coma o mariscal francés. Podo visualizar claramente, á miña nai saíndo á rúa, en actitude de rendición e tremelicando a merenda, a modo de bandeira da paz. Nada que ver coa bravura das súas paisanas de Larouco, que cento cincuenta anos atrás, combateran, sen dubidar, ao inimigo.
É evidente, que o trauma da visita napoleónica, quedou gravado no imaxinario colectivo. E que o dono do can cría que Nei, era un nome intimidatorio dabondo, como para que ninguén se achegase a él. Da mesma maneira, na que os nomes das persoas teñen mudado co tempo, tamén mudaron os dos cans. Despois, virían os Trosquis, Tarzáns, Truenos, Rintintíns, Ringos, Rons, Moros, Adolfos, Gaias e Taos. Descoñezo se hai unha estatística de nomes de cans, na que poder consultar, cantos Neis e Sules, existen. Sexa como for, houbo un can que aterrorizaba á miña nai, cando ela era cativa e o seu nome era Nei.
Que sabes da invasión napoleónica? Como foi vivida pola túa familia? Que contos che contaron? Sabes dalgún can, con nome de mariscal francés?
mercedes mendia
30.07.2018 at 14:47Mis abuelos siempre tuvieron perro,que era un cruce de pastor aleman,también se llamaba Nei,cuando moría un Nei de viejo,venia otro que recibía el mismo nombre.
Gracias a vuestro artículo acabo se saber el porqué
bisagras
02.08.2018 at 11:46Gracias a ti. El porqué de los nombres es apasionante!!!
GULLADE. HISTORIA DE UN SAQUEO|NAPOLEÓN EN MONFORTE
02.03.2020 at 07:35[…] una » relación de los asesinados por el enemigo el 20 de abril de 1809″. De alguna manera, el perro con nombre de Mariscal francés , que aterrorizó a mi madre durante su infancia, había tomado unas dimensiones colosales. Ahora […]