A MORTE. UN ASUNTO INELUDIBLE

Novembro é un bo mes para falar da morte. O resto do ano non está permitido, especialmente se se trata de nosa morte ou da das persoas que nos arrodean. Por este mesma razón, é marabilloso topar unha novela gráfica, que fale con total honestidade e sentido do humor dese asunto.

 

 

“O noso temor á morte e o apego á vida, fan que nunca pensemos en prepararnos para o proceso da morte nin para a morte mesma. E aínda que todos sabemos que habemos de morrer, case ninguén está preparando o se está preparando para morrer da forma axeitada”. 

“A Arte do Bo Morrer”. Peter e Elizabeth Penwick. Ed. Atalanta

 

 

¿Podemos falar de algo máis agradable? de Roz Chast, finalista do National Book Award 2014, caeu nas miñas mans, cando apenas tiña transcurrido un mes da morte do meu pai. Foi un regalo que veu do ceo e que me axudou a aviar, todas as experiencias e emocións vividas. Esta novela gráfica é unha guía perfecta para fillos e fillas, que asumen o papel de coidar e acompañar aos seus pais, na etapa final das súas vidas.   

 

 

 

sofa

¿Podemos falar de algo más agradable?. Roz Chast. Ed. Reservoir Books

 

 

A obra abarca un período de cinco anos da vida da autora, marcada pola progresiva deterioración física e mental dos seus pais e a morte do seu pai, primeiro, e da súa nai,  dous anos despois. A través das súas páxinas, podemos facernos unha idea de como é o mapa familiar da autora. A historia da familia está marcada pola diáspora dos seus avós rusos de ascendencia xudía emigrados a Estados Unidos a principios do S.XX, pola relación de codependencia dos seus pais, en aparente incesto simbólico (“Naceron con dez días de diferencia”) e pola baleiro causado pola ausencia dunha irmá máis vella, falecida ao día de nacer, o que podería convertir á autora nunha filla de substitución, xa que despois toda “esa lea” chegou ela. Tamén podemos facernos unha idea do proxecto sentido da autora (“Nacín oitomesina e por cesárea, debido a algo relacionado co seu primeiro bebé: o seu xinecólogo dixo que si levaba o embarazo a termo, o seu útero podería romper”) e da complicada relación nai-filla (“Eu era consciente de que ela me quería, pero faltaba algo… Podo entender o seu desexo de deixarme ao coidado doutras persoas, aínda quen sabe o que eu pensei naquel entonces”).  O resultado é unha Roz Chast nena, un tanto neurótica e atormentada.

 

 

14453780279859

¿Podemos falar de algo máis agradable?. Roz Chast. Ed. Reservoir Books

 

Xa grandeira e cunha familia propia formada, a autora regresa ao núcleo familiar, para acompañar aos seus pais nos seus derradeiros días. Unha etapa intensa, dominada polo mundo dos seguros médicos e dos protocolos hospitalarios, da demencia e da axitación nocturna, das residencias de anciáns e os asilos, os cueiros e o Meritene, as escaras e a morfina, as organizacións de coidados paliativos e a morte mesma. Descubrirá, nese tempo, que o coidado dos anciáns é un negocio de enormes dimensións, na que a súa saúde e benestar estará directamente relacionada, coa capacidade financiera deles mesmos e os seus familiares.

 

 

Finalmente, aceptará que forma parte dunha tríada marabillosamente imperfecta, na que as relacións pai-filla, nai-filla e dos seus pais entre eles, son independentes. E lles dirá adeus, sentindo que todo está en orde. Este camiño compartido, permitiralle reflexionar sobre como lle gustaría vivir a súa propia morte e tamén a súa vida, con todo o que ten de fuxidío.

 

 

 

mother

 

¿Podemos falar de algo máis agradable?. Roz Chast. Ed. Reservoir Books

 

 

 

¿Tes pasado pola experiencia de acompañar aos teus pais, na etapa final das súas vidas? ¿ Tes ordenado e dixerido, todas as experiencias e emocións vividas nese tempo? ¿Mudou esa experiencia a túa forma de entender a morte e a vida? ¿Ata  cando has postergar o momento de falar dese asunto tan pouco agradable?

 

 

 

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.