AS CARTAS DOS DEFUNTOS. UNHA REFLEXIÓN SOBRE A MORTALIDADE

 

Os documentos persoais dos nosos devanceiros -cartas, fotos, imaxes en movimento, contratos, testamentos, diarios, obxectos persoais – son elementos moi valiosos para construír a súa historia de vida. Grazas a eles, podemos saber dos seus soños incumpridos e das súas vidas incompletas, como as de calquera mortal. E tamén dos mandatos inconscientes, que se transmiten de xeración en xeración, para acabar o inacabado. Emociónome cando leo cartas de defuntos.

 

Gústame este poema porque destila eternidade e fala da bendición de ser ordinario.       

 

IMG_3675     

 

AS CARTAS DOS DEFUNTOS    

 

LEMOS AS CARTAS DOS DEFUNTOS , COMO IMPOTENTES DEUSES

pero non obstante deuses,  porque coñecemos as datas posteriores.

Sabemos que diñeiro non foi devolto.

Con quen casaron velozmente as viúvas.

Coitados defuntos, cegos defuntos,

enganados, falibles, torpemente cautelosos.

Vemos os acenos e sinais feitos ás súas costas.

Cazamos co oído o murmurio dos testamentos rotos.

Sentan diante de nós, ridículos, como en boliños de pan con manteiga,

ou  bótanse á persecución tras os sombreiros arrebatados das cabezas.

O seu mal gusto, Napoleón, o vapor e a electricidade,

as súas letais curacións nas enfermidades curables,

a parva Apocalipse segundo San Xoán,

o falso edén na terra segundo Xoán Xacobe…

Observamos en silencio os seus peóns no taboleiro de xadrez,

só que desprazados tres casas máis alá.

Todo o que previron sucedeu de xeito absolutamente diferente,

ou un pouco de xeito diferente, é dicir, tamén absolutamente diferente.

Os máis afanosos mírannos fixamente e con confianza aos olllos,

porque facían conta de ver neles a perfección.

 

Wislawa Szymborska. (1923-2012)

 

Conservas documentos persoais dos teus antepasados? Emociónaste con algún especialmente? Que obxecto ou documento dos teus antepasados gustaríache atopar? Que contan eses documentos da intrahistoria da túa familia?

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*