LHASA DE SELA. MESTRA DE VIDA E MORTE

 

Lhasa de Sela morreu en Montreal no 2010, a consecuencia dun cancro, con só trinta e sete anos. Os seus pais chamárona Lhasa polos seus ollos achinesados, pero tamén porque se sentían profundamente atraídos pola filosofía oriental e pola idea de inmortalidade da alma do budismo tibetano. A cantante e componedora de almas  firmemente que a morte non era o fin. Esta crenza tomou a forma de dúas cancións de beleza arrepiante que Lhasa de Sela cantaba con valentía non seus concertos: “Soon the space will be too small” e “I´m going in”.

 

 

 

 

Nos derradeiros días da vida do meu pai,  eu salmodiaba estas cancións, sempre que tomaba a súa man e abesouraba con tenrura os seus ollos  achinesados. Houbo ocasións, nas que fun quen de as cantar timidamente, para que sentise que estaba alí. Agora que ficou,  só teño a música e a presenza invisible do meu pai.

 

Teño tamén a lembranza da presencia reparadora doutras persoas que nos acompañaron neses días: as miñas primas e primos (“Aïe, mes cousins!!”, que diría Anne Ancelin-Schüzentberger) , Elvira, a muller que o aseaba todos os días e o persoal sanitario de axuda a domicilio. Lembrade, que nos momentos complicados da nosa vida, sempre hai anxos.

 

 

1Comentario

  • JAMES RHODES. EL PODER REDENTOR DE LA MÚSICA

    28.03.2020 at 22:13 Responder

    […] a James Rhodes, en el momento en que mi padre se despedía de este mundo, definitivamente, hace ya cuatro años. En los tiempos muertos que transcurrían entre idas y venidas al hospital, […]

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.