OS LIBROS PARROQUIAIS. O CURA, QUE DESATENDÍA AS SÚAS OBRIGAS

 

 

 

Non sei, se vos teño falado algunha vez do Arquivo Diocesano de Lugo. É un arquivo cativeiro, con só oitos postos de lectura. Cando os oito postos están ocupados, o espazo e a capacidade de movemento das persoas, que estamos alí sentadas, redúcese moito. Tanta proximidade, axuda a establecer breves conversas cos veciños.  É case inevitábel!

 

 

 

Hai uns meses, cando escaravellaba nos libros parroquiais de San Pedro de Láncara, o meu veciño advertiume da incompetencia dun párroco. Falaba del, con raiva, pola pouca profesionalidade das súas anotacións.   Eu pensei, que esaxeraba, pero cando collín entre as miñas mans,  o Libro de Bautismos de San Pedro de Láncara (1853-1873), dinme de conta, de que tiña razón. Don Antonio Bolaño, que así se chamaba o cura, facía unhas anotacións demasiado breves, sen datos, a escritura atrapallada e vacilante. Era realmente estraño.

 

 

 

Non é extraño que, por iso mesmo, o señor cura fose apercibido polo bispo de Lugo, na visita pastoral, que fixo á parroquia, no ano mil oitocentos sesenta e catro. Esas visitas pastorais, eran unha especie de auditoría, na  que se evaluaba a forma, na que os curas exercían o ministerio. E iso, incluía o exame atento dos libros parroquiais.    

 

 

 

O bispo dicía ter topado no  libro defectos gravísimos, coma no expresar en que día ni por quien fue bautizado el párvulo, como falta de limpieza y esmero y poca ortografía”. Avisouno para que, “por lo sucesivo desempeñe con más esmero esa parte tan interesante de su ministerio”, xa que de non facelo así, actuarían contra el, con todo o rigor.    

 

 

 

Pregúntome se, Antonio Bolaño consideraba que eses traballos administrativos eran irrelevantes. Quizáis, era un home espiritual, que prefería poñer o foco no “ora” e non  no “labora”. Aínda non descubrira, que a materia e o espíritu non teñen que estar en desacordo.  

 

 

Sexa como for, o mal xa estaba feito. Cento cincuenta anos máis tarde, eu non era quen de topar as persoas que procuraba, a pesar de ter sido bautizadas en Láncara.  

 

 

 

Tes consultado os libros parroquiais. en busca de información da túa familia? Como ten sido a experiencia?  As anotacións eran escuetas o detalladas? Cres que a persoa que anotaba, esmerábase?  

 

 

 

 

1Comentario

  • Yulexy Navarrete Pita

    15.08.2019 at 08:20 Responder

    Saludos Helena!
    Yo no tengo familiar alguno en Láncara pero me identifico con lo sucedido, pues a mi bisabuela Teresa Iglesias Pérez, un cura en el año 1893 colocó en las notas marginales de su Acta Literal de Bautismo, el segundo nombre del padre de ella y no el primer apellido de la madre. Por ende es un error que había que corregir y gracias a Dios y a las buenas personas que con gran esmero aún trabajan en las Diócesis, fue elaborado un documento por un notario del mencionado lugar enmendando la situación.
    Afectuosamente me despido,
    Dr. Pita

Deixa un Comentario

*