memorias

SUSIÑA. MEMORIAS DUNHA NENA LABREGA

A semana pasada, mentras escaravellaba nos libros parroquiais de San Martiño de Oleiros, no concello coruñés de Toques, din cunha notación diferente.  

 

 

A protagonista era una neniña de oito anos, que alindaba as vacas. Ou sería máis ben a vaca?  Non era a primeira vez que nas investigacións, daba cun suceso destas características… Eran outros tempos! Daquela os nenos e nenas traballaban na casa, coma se fosen adultos. Había quen sendo ben cativeiro andaba xa ó xornal ou entraba a servir en casas alleas. Non era o Londres de Charles Dickens, pero si podería ser o Gres natal de Xosé Neira Vilas, en Vila de Cruces.

 

 

Daquela, non había especialistas en prevención de riscos laborais, que alertaran de perigos, como o ser arrastrado por una vaca.

 

 

 

 

 

“Los caballeros las prefieren rubias” de Galia Blanco

 

 

 

Aconteceu nunha tarde tórrida de verán, aló polo ano mil novecentos cinco. Jesusa, que así se chamaba a neniña, levaba á vaca suxeita dunha corda, atada polo extremo ó seu brazo. A vaca pastaba tranquilamente, ata que, de súpeto, di a partida de defunción, o animal botou a correr, “aguijoneado por los tábanos”.  Do resto, mellor non contar… A malpocada nena morreu e foi soterrada no adro da igrexa de San Martiño de Oleiros, con oficio de párvulos.

 

 

 

 
 
párvulo, párvula
 
“Neno ou nena de corta edade, que está no primeiro estadío do ensino escolar”

 

 

 

 

 

Sí, a nosa Susiña era párvula, aínda que era bastante improbable, que estivese no primeiro estadío do ensino escolar. En 1857, a Lei Moyano sentou as bases para crear un sistema educativo, que acabase co analfabetismo endémico no país. Aínda así, cincuenta anos máis tarde non había escola na súa aldea. E de habela, dubido que a súa educación fose prioritaria, para a súa familia. Eran poucas as nenas que ían a escola.  Fenda de xénero, disque!      

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!