mi genetica

MI GENÉTICA. UNHA CANCIÓN PARA CELEBRAR A VIDA

Un dos meus recentes achados musicais é a canción “Mi genética”, incluída no último disco de Amparanoia.       

 

 

Cando a escoitei por vez primeira soupen que era a candidata perfecta, para formar parte da miña lista de cancións xenealóxicas.   

 

 

“Mi genética” é unha canción alegre e optimista, que invita a bailar e celebrar a vida.       

 

 

A avoa, a bisavoa, a tataravoa, a nai, sobriña e sobriño, tía e tío, o primo, a irmá e os filliños da artista desfilan por esta canción.

 

 

O álbum  de fotos familiar despregado ante os nosos ollos. 

 

 

Elas e eles son a súa xenética.     

 

 

E a alegría, a mejor forma de honralos.

 

 

Aínda que xa sabedes da miña teima cas persoas excluídas, da nosa historia familiar. 

 

 

Cando escoito esta canción venme esta pregunta.

 

 

Que hai das persoas que non se mencionan?  

 

 

E tamén esta. 

 

 

Podemos renunciar a aquela parte da nosa xenealoxía que é menos amable? 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!