EL HOUDINI GALLEGO

O MEU TÍO BERNARDO. UN HOUDINI, CUN PRONUNCIADO ACENTO GALEGO

Imos por un novo día de confinamento! Mentres dubido entre erguerme xa ou agardar un anaquiño máis, busco en internet cancións, que falen da liberdade. Leva o seu tempo decidir entre unha ampla oferta, que inclúe a Nino Bravo, Serrat,  Freddie Mercury ou Pharell Williams.

 

 

Ao fin, elixo Necesito respirar” de Medina Azahara e canto como nun berro xordo, iso de: “Necesito respirar, descubrir el aire fresco y decir cada mañana, que soy libre como el viento”. Despois do meu canto, asómome á venta para sentir o airiño e sol, no meu rostro.

 

 

Estar pechada na casa non é doado. E máis, se es sobriña bisneta dun home, que amaba a liberdade, por cima de todo. Xa sabedes que hai amores e valores, que se transmiten de xeración en xeración.   

 

 

 

 

 

O corpo ten memoria! O corpo é herdeiro dunha historia, dunha educación, dunha familia, dunha cultura, dunha xeografía, de esquemas complexos inscritos por xeneracións.”

 

 

Marie-Claude Pietrogalla

 

 

 

 

Conta a historia que o Bernardo era un home , que se botou ó monte e que se chufaba da garda civil, cando o querían caciñar.“Era máis listo cun allo!”, dicían os seus sobriños netos, cun sorriso enorme.

 

 

A miña tía Paca contoume, que cando estaba a prestar o servizo militar en Santoña, a súa nai enfermou gravemente. Así que desertou para estar con ela. Nese momento bisagra,  comezou a lenda do prófugo, sempre a fuxir. 

 

 

Os papeis din que o Bernardo faleceu dun derrame, cando tiña sesenta e cinco anos, na súa aldea natal en Abeleda, pertenecente ó concello da Teixeira, en Ourense.   

 

 

Eu din a historia por boa, ata que un día por casualidade, descubrín na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, unha chea de referencias sobre o irmán do meu bisavó. O noso parente era, en realidade, o Houdini galego!  Seguro que a súa foto tamén podería ir acompañada da lenda: “Stone walls and chains do not make a prison”. Pasa, que as súas técnicas de escapismo, non lle reportaban ó meu tío beneficio económico algún.     

 

 

 

 

 

MI TIO BERNARDO. EL HOUDINI GALLEGO

 

Houdini. 1889 

 

 

 

 

Na hemeroteca, puiden atopar ordes de busca e captura, que falaban das súas características físicas e psicolóxicas, información sobre as súas evasións do cárcere de Santoña e da Coruña, entre outras e doutros tentos frustrados. Tamén puiden saber do seu historial delitivo, relacionado ás máis das veces, con quebrantamentos de condena.

 

 

 

 

“ Por la presente requisitoria se cita, llama y emplaza a Celestino Bernardo González Rodríguez, de estatura mediana, de cuarenta y un años de edad, soltero, natural de Santa María de Abeleda, Ourense y confinado que ha sido del penal de esta villa, donde se fugó la madrugada del día actual, creyéndose se ha dirigido a Santander, minas de Vizcaya o al pueblo de su naturaleza y cuyas señas son pelo, cejas y ojos castaños, nariz y boca regulares, cara redonda, barba poblada, color sano y tiene muy pronunciado el acento gallego, contra cuyo sujeto se han dictado autos de procesamiento y prisión, para que dentro de diez días, a contar desde la inserción de la presente en La Gaceta de Madrid comparezca ante este juzgado para contestar de las cargas que le resultan del citado delito de quebrantamiento de condena, apercibido con que si dejase de hacerlo será declarado rebelde y le pararán los perjuicios que hubiere lugar.

 

 

A su vez, en nombre de S.M, la Reina Regente, exhorto y requiero a todas las autoridades, tanto civiles como militares y de policía judicial, para que practiquen activas gestiones en busca del procesado, y en caso de ser habido lo remitan en clase de preso con las debidas seguridades al establecimiento penal de esta villa y a mi disposición, pues así lo tengo acordado en referida causa. Santoña. 24 de octubre de 1894”     

 

 

Requisitoria, publicada en Boletíns Oficiais de todo o país

 

 

 

Pregúntome como levaría o Bernardo este tempo de confinamento que estamos a vivir, cen anos despois do seu falecemento. Sería un deses infractores reincidentes, que saen da casa, ata dez veces no mesmo día?  Sentaríase nun dos bancos do parque Rosalía, con iso de estaba a pasear o gato? Ou sería quen de correr o risco, de dar un paseo pola beira do Miño?

 

 

A verdade é quen no teño idea. Simplemente, estou a falar das tentacións, que me asaltan cada día. Por algo, seremos familia.    

 

 

 

Hai persoas da túa familia, das que sempre se está a falar? Que pegada deixaron en ti? Que haberá de certo, nas historias que contan? Tes tentado contrastar a veracidade desas historias?  

 

 

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!