MIS LOGROS GENEALOGICOS

2021. OS MEUS LOGROS XENEALÓXICOS PERSOAIS

O ano 2021 pintaba ben.  Por fin, podería avanzar na miña xenealoxía e  deixar de dicir iso de que en casa de ferreiro, coitelo de pau” . 

 

Nalgún momento do ano, o Arquivo Diocesano de Ourense , reabriría as súas portas ó público e podería dedicar unha ou dúas xornadas, a escaravellar nos libros de Castro Caldelas.   

 

Desafortunadamente, o arquivo non abriu ata o mes de outubro. 

 

E cando o fixo, xa estaba resignada a postergara miña xenealoxía, para o 2022.      

 

Aínda así houbo progresos, moitos deles  inesperados.

 

 

 

1. O misterio de Aurelia

 

 

2021 foi o ano no que fun quen de dar coa data de defunción de Aurelia, a media irmá do meu avó materno, coa que teño un estraño vínculo.  Non sei si será pola súa condición de desterrada, polo seu nome ou por outras coincidencias, sobre as que non me quero estender.

 

Sabía que morrera nos anos cincuenta, cando caeu dun carro, pero ignoraba onde.

 

Despois de anos de buscas e de peqenos avances, que sempre me levaban sempre a un calellón sen saída, fixose o milagre.

 

Nunha conversa casual co párroco da parroquia lucense de Doade por outro asunto, probei a preguntarlle polo misterio de Aurelia.

 

Pouco despois da nosa conversa mandoume unha mensaxe, para dicir que a defunción ocorrera no ano 1951 e que se apuntara nos libros parroquiais fóra de prazo. 

 

Tras unha espera de oito anos, xa tiña unha data na que poder acender unha candea, por esta excluída do sistema familiar. No 24/04.  

 

 

 

2. As fotos do meu pai no mosteiro de La Vid

 

 

O meu pai , como a miña bisavoa, tamén experimentou o desterro. Cando neno, estudou no Monasterio de Santa María de La Vid, a centos de kilómetros da súa aldea natal. 

 

Eu soupen da súa estancia en La Vid,  cando empecei a investigar na historia da miña familia e a amolar con preguntas inoportunas.

 

Leo o papel coas condicións de admisión dos alumnos e deduzo que o meu pai tería doce años, cando ingresou na Preceptoría dos Padres Agustinos e unha certa “inclinación a vestir el hábito agustiniano”.

 

Tamén que “sabía leer con entonación y soltura y escribir con buena letra y regular ortografía. Y que dominaba las cuatro reglas fundamentales de la Aritmética, el Catecismo y poseía algunas nociones de análisis gramatical.”

 

Hai uns meses, tiven un “momento fotos” coa miña prima Inés.

 

De súpeto, no seu cofre do tesouro apareceron dúas fotos do meu pai en La Vid, unha recén chegado e outra vestido co hábito. A miña prima miroume e dixo: “¡Toma! Estas son túas”.

 

Asusta a vulnerabilidade do meu pai-neno na primeira foto, rodeado doutros nenos e de preceptores vestidos, con roupas estrañas.

 

É inevitable, facerse preguntas sobre si aquel sería un lugar seguro. 

 

 

 

3. Ramón Costoya, o cura que asinaba en clave de sol 

 

 

O meu pai, como podedes imaxinar, non se ordenou.

 

El non seguiu o mesmo camiño que o seu tataravó, Ramón Costoya cura oriundo de Silleda e desterrado en Alais, quizais por ter porfillado a un misterioso expósito , a quen lle deu o apelido.

 

Eu sempre pensei que Alais, fora o seu primeiro destino en Ourense. pero houbo un  anterior.

 

Foi Fitoiro, en Chandrexa de Queixa.  O meu ancestral traballou na montaña de Ourense! Aló, na Galicia remota, celebrou misas e tamén bautizou, casou e enterrou ós seus fregueses.

 

A letra zarrapicaba as follas dos libros parroquiais de Fitoiro, pero o más conmovedor era a súa sinatura… Unha coqueta clave de sol que substituía á R inicial do seu nome.   

 

Vai ser que Don Ramón tiña inclinacións artísticas e musicais.

 

 

 

4. Unha de endogamia 

 

 

O meu tío Manolo é o culpable de que eu consultase os libros de Fitoiro.

 

Xa sabedes que está a piques de ingresar no club das persoas centenarias e que por iso dediquei varias xornadas en Ourense, á súa xenealoxía.

 

O que non podía imaxinar é que cando escaravellaba na súa xenealoxía, estaba a escaravellar tamén na miña. El é o e meu tío político, pero tamén compartimos ADN. Resulta que o avó do meu tío Manolo e o bisavó de Inés, a miña tía materna, eran irmáns.

 

Xa sabedes que en Galicia, todos somos primos.

 

 

 

5. A miña nova prima Silvia

 

 

E como a cousa vai de primos, só queda compartir que no 24/12 recibín un correo dunha prima, que non coñecía y que vive en Barcelona.

 

Conta que se chama Silvia Costoya e que me le no blog, así que espero que lle guste ler isto.   

 

Ela é a miña prima segunda. Noutras palabras, as dúas compartimos os mesmos bisavós.

 

Bonita forma de pechar o ano!

 

 

Cóntame,  cales foron os teus logros xenealóxicos, neste ano que acaba? Que cousas quererías investigar no ano que entra? Escribiches xa a lista dos teus propósitos xenealóxicos? 

2 Comentarios

  • Silvia Costoya Leizan

    08.01.2022 at 09:38 Responder

    ¡Hola prima! Sí, por supuesto que he leído tu entrada y me ha encantado.
    Me cuenta mi padre que tu abuela, Melania y mi abuelo se criaron juntos con sus abuelos maternos (Melitón Fernandez) en el Portaleiro.
    Otra historia de endogamia, mi abuelo Antonino y mi abuela Lola eran primos y para casarse tuvieron que pedir dispensa papal.
    Un abrazo y feliz año

    • bisagras

      09.03.2022 at 06:19 Responder

      Al final va a ser que todos somos primos y primas!!!

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!