NOMENCLATOR. UNHA FERRAMENTA BÁSICA PARA XENEALOXISTAS

 

 

Sempre que recibo unha demanda de investigación, solicito aos meus clientes, información sobre coordenadas xeográficas e temporais, coa finalidade de poder deseñar unha estratexia de investigación e facer un cálculo aproximado do tempo que lle hei dedicar.  

 

 

 

 

 

En resumo, fago este pregunta tan nosa de:

 

 

E ti, de onde vés sendo?

 

 

 

 

 

Acostumo pedir para empezar, nome, apelidos, lugar de nacemento e data precisa das persoas, que queren investigar. Evidentemente, canta máis información teñamos, máis garantías haberá, de que a investigación avance a bo ritmo.  Non obstante, ocorre moitas veces que sí hai un nome e uns apelidos, pero non hai, pola contra,  unha data exacta nen unha localidade concreta. Isto pasa decotío con emigrantes, que aparecen rexistrados nos papeis do país de acollida, con denominacións demasiado xenéricas, como España ou Galicia. Outras veces aparece a provincia de onde son orixinarios ou unha localidade, como a cabeza de comarca. Nestes casos, a información non abonda, a menos que haxa un golpe de sorte.  

 

 

 

 

 

 

“Unha agulla nun palleiro é mala de atopar”

 

 

Refraneiro popular

 

 

 

 

 

 

En calquera investigación familiar é primordial ter a referencia do concello ou da parroquia, de onde era natural ou veciña a persoa que andamos a buscar. Este dato axudaranos a determinar,  a quen nos temos que dirixir, para solicitar información.

 

 

 

Unha das miñas ferramentas básicas, como xenealoxista, é o nomenclátor ou páxina de toponimia oficial da Xunta de Galicia. Esta web permite facer buscas directas de distintas localidades da xeografía galega e determinar a provincia, concello ou parroquia da que forman parte.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Poñamos que estamos a procurar información dunha persoa natural de Reigosa, en Lugo. En principio, a información das personas naturais de Reigosa, pódese pedir no Xulgado de Paz de A Pastoriza, para o caso de nacementos, matrimonios ou mortes, acaecidas a partires do ano 1871.  Para acontecementos anteriores a esta data, teríamos que consultar os libros parroquiais. Pois ben, despois de ter buscado no nomenclátor, sabemos que en Pastoriza hai dazanove parroquias e cento setenta e oito lugares.  Así que coñecer o lugar e a parroquia axudaranos a ser máis eficaces nas nosas buscas e acotalas aos libros dunha sola parroquia, centrando a atención no nome do lugar, que temos coma referencia. Decote, as partidas bautismais, de matrimonio e defunción dos libros parroquiais teñen na marxe esquerda ou na parte superior, o nome da persoa e o lugar.

 

 

 

 

Así que, se a persoa que buscamos é natural do lugar de Tuche de Santiago de Reigosa ,  a nosa ollada de xenealoxista seleccionará ou pararase só naquelas notas do libro parroquial, relacionadas co nome dese lugar.  Isto traducirase en máis  eficacia… Sabemos que a investigación familiar é moitas veces unha carreira contra o reloxo, debido aos horarios limitados de moitos arquivos.

 

 

 

 

 

 

 

Ilustración:  Alice in Wonderland. John Tenniel

 

 

 

 

Imaxina agora, que decides desprazarte ao Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol desde fóra de Galicia, para buscar información da túa familia, orixinaria de Xermade (Lugo). Se queres sacar o máximo proveito da túa visita, o meu consello é que, primeiro de todo, indagues  a que parroquia pertencían as persoas, de quen buscas información. Cando o saibas,  lembra poñerte en contacto co persoal do arquivo, para saber cando están abertos ao público, se cómpre reservar con antelación e se os libros da parroquia están dispoñibles para consulta, nese arquivo. Lembra que, non todos os libros foron transferidos aos arquivos diocesanos, así que pode que teñas que visitar ao cura, que os custodia na súa parroquia… Estas precaucións mínimas evitarán, que voltes a casa coas  mans baleiras e permitirán que disfrutes da túa viaxe xenealóxica.   

 

 

 

 

 

Queres iniciar una investigación sobre os teus ancestros galegos e non sabes por onde empezar? Que sabes da organización territorial en Galicia? Tes uhna idea aproximada de cantas parroquias hai? Conservas información dos lugares da xeografía galega onde naceron e viviron,  as persoas da túa familia?   

 

 

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Suscríbete
Se desexas ter noticias nosas por correo electrónico...