digitalizacion registro civil

NOVIDADES. UN PASO MÁIS NA DIXITALIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

A dixitalización do rexistro civil avanza. 

 

 

Dende onte, un aviso na sede electrónica do Ministerio de Justicia advirte que cómpre ter un certificado electrónico ou contar coa identificación do sistema cl@ve, para solicitar documentos. 

 

 

Así que, póñome mans a obra. Que emoción! Estou a piques de facer a miña primeira solicitude con certificado dixital.

 

 

Selecciono o modelo de certificado que quero solicitar. Pincho na opción de tramitar con sistema cl@ve. Na seguinte pantalla, elixo o modo de identificación. Agardo uns segundos…  A páxina non carga e advirte, que ven de producirse un erro. Insisto máis tarde e volve pasar. Tento outra vez, sen éxito. Parece que o sistema ten colapsado, o mesmo día no que se vestía de longo.

 

 

Finalmente, claudico e decido utilizar o método tradicional. Envío un e-mail ó rexistro civil de registrocivil. nomedalocalidade@justicia.es.   

 

 

Despois volvo á páxina do ministerio e leo  as preguntas frecuentes, que informan como será o novo procedemento. Aparentemente é máis rápido e eficaz, pero quedan moitas preguntas por responder.

 

 

Polo momento sabemos, que o novo sistema se implantará ós poucos.

 

 

Isto quere dicir que seguiremos recibindo certificados en papel. Ai, o meu Postmanciño! Aínda seguirei a devecer pola túa chegada.  

 

 

Tamén poderemos contactar cos xulgados de paz máis pequenos, tal e como teño indicado máis arriba.

 

 

E será posible solicitar certificados para terceiros, sen necesidade de presentar documentación xustificativa, salvo no caso de Madrid. Madrid is different!

 

 

Isto quere dicir que, de momento, os cambios son mínimos.

 

 

Agora só queda desexar que os erros na aplicación da sede electrónica, teñan unha pronta solución.  

 

 

Cóntame, tes atopado algún atranco á hora de solicitar documentos ó rexistro civil? Como solucionaches? Precisas asesoramento ou axuda nas túas buscas xenealóxicas?

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!