OS VELLOS NON DEBEN NAMORAR. E TAMPOUCO AS VELLAS

Hai unhas semanas, cando investigaba nos libros de matrimonios de Santa Comba de Rianxo, din cunha estraña anotación, que dicía matrimonio segredo.    

 

 

 

 

 

 

 

Cando lin un pouco máis, entendino á primeira. Os contraentes eran un vello e unha vella de cuarenta e moitos, que ademáis que querían casar de segundas. A parella non tiña  descendencia dos seus matrimonios anteriores, así que a única razón, que parecía xustificar o enlace, era o vicio. Esta necesidade de “durmir quentes”, convertíaos en blanco seguro, das burlas dos seus veciños.

 

 

 

 

O seu desexo era sortear a “cornetada”, unha especie de escrache ritual doutros tempos, coa complicidade do señor cura.  Así que, intúo que neste  matrimonio non houbo proclamas e que se celebrou ademáis,  pola mañanciña cedo, cando Rianxo, aínda estaba a durmir.      

 

 

 

 

Cornetada

 

 

“Ruído ou balbordo, provocado con chocallos, cornetas, cinzarros ou outros obxectos de son enxordecedor e desapacible, que se fai para chamar a atención de algúen ou con outras finalidades.”

 

 

Diccionario RAG

 

 

 

 

As “cornetadas” , “chocalladas”. “cencerralladas” ou “cinzarradas”, organizábanse para moca das persoas vellas ou viúvas, que casaban de segundas. A orixe do festexo, pérdese na noite das tempos e era algo así coma unha teatralización da venganza do defunto ou  defunta, pola usurpación do seu lugar.

 

Este tipo de festa podía adoptar diferentes formas, pero a súa esencia era o balbordo e burla.  E digo eu,  non habería outras alternativas de ocio?  

 

 

Agora que leo esto, lembro que na voda segreda da miña avoa Casilda houbo tamén unha “chocallada. Os meus avós maternos casaron, no ano 1932, cando regresaban de Cuba. Eu de cativa fantaseaba, coa a idea de que casaran no barco e  de que fora o capitán, quen oficiou a ceremonia. Lembrádevos da serie de televisión: “Vacacións no mar”?.  No meu maxín, a voda dos meus avós soaba á sintonía da serie. A realidade é que se celebrou en terra, no consulado español na Habana.     

 

 

 

A voda “de verdade” tivo outra banda sonora. A miña avoa Casilda casou dous meses máis tarde en Brételo, na igrexiña de San Pedro, en Chandrexa de Queixa. Conta a historia que foi  unha boda segreda, oficiada ben cedo e ás agachadas, ya que a parella estaba casada só polo civil.  Casounos o tío cura, un tío da miña avoa, que para ela era deus. De súpeto, no medio da ceremonia, un dos asistentes, un cuñado con sona ser anticlerical, tocou as campás. Esa foi a súa “chocalllada”.  Os  meus avos aínda era novos para se casar, pero en certa maneira, tamén tiñan transgredido a  norma.

 

 

 

Houbo matrimonios segredos na túa familia? Hubo matrimonios entre persoas de diferente idade ou clase social? Algunha persoa que transgredise a norma? Cal foi a súa penitencia? Que sabes da intrahistoria da túa familia?    

 

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Don`t copy text!