O PAI. O PODER DUN INSTANTE

Aproxímase o día do pai e decátome de que xa non está. Fai case un ano que iniciou a súa marcha. E síntome orfa. Estes días tomo nas miñas mans, o poemario de Sharon Olds, titulado “O Pai”. Releo de novo eses poemas crus, escritos durante un período de tempo de nove anos da vida da autora, que narran a enfermidade e a morte do pai desde o punto de vista dunha filla. A poesía de Sharon Olds abanéame por dentro, chégame ás tripas e conéctame cunha dor que aínda está aí, desexando ser escoitada.  Conteivos que ás veces son os libros os que me atopan e non eu quen atopo os libros? Isto foi o que pasou, cando os meus ollos tropezaron, por casualidade, coa pasta  azul ceo de “O Pai” de Sharon Olds.  Foi unha ollada de recoñecemento mutuo.

 

 

 

EL PADRE

“El Padre”. Sharon Olds. Bartleby Editores. 2004

 

 

 

 

Como esa derradeira ollada do día antes de morrer, que a autora describe no poema, “Os ollos do meu pai”:    

 

 

Y una vez, cuando se movió intentando

estirar el brazo, me agaché

y volvió su iris borroso hacia mí,

su pupila se contrajo por un instante

y me recibió: era mi padre mirándome.

Fue apenas un segundo, como la repentina chispa

del deseo que brilla de pronto entre dos personas.

Después, su vista se hundió de nuevo

y sólo dejó un globo ocular,

y al día siguiente el alma huyó

y ahí ya sólo dejó a mi padre.

Pensé en esa última mirada,

una mirada sin amor ni esperanza,

su mirada de reconocimiento

 

 

 

 

 

¿Tes pensado no verdadeiro sentido da verba re-coñecer? ¿Sabías que concibo a xenealoxía, como unha invitación a re-coñecer a nosa verdade familiar?    

Non hai comentarios

Deixa un Comentario

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.